En xaneiro atopei un filme onde adoito buscar os subtítulos. Vou do revés, primeiro busco os subtítulos e despois baixo os filmes ou as series, así non teño que me preocupar de problemas de sincronía, xa atopo o choio feito do axuste. Só ás veces, se unha serie me interesa e non teñen alí os subtítulos fago o normal, baixar o video e despois os subtítulos.
pois este filme que vos conto non mirei quen era o director e descoñecía os actores. Baixeino porque as comedias románticas son o meu guilty pleasure particular. Por iso e porque o título era provocador a mais non poder: Zack and Miri make a porno. O filme estivo entretido, por momentos algo pastelada de mais, porén gustoume.
Supuxen que aquí non fora estreada e saira directamente en DVD coma acontece ás veces ou que non me enterara da súa estrea.
Hoxe escoitono diario cultural que falan da nova estrea de Kevin Smith, un director cuxos filmes adoito ver: ¿Hacemos una porno?. Cando contaron mais ou menos o argumento non o podía crer. Nin me enterar que baixaba unha peli de Kevin Smith e vina hai 5 meses xa.
Non sabía que as redes P2P correran tanto. E supoño que vendo para os subtítulos non me preocupei de ver quen era o director. Agora, sabendo que é un dos seus filme atopo os seus tópicos: traballos nos que a xente nova está insatisfeita e mal pagada, rapaza guapa e rapaz non tan guapo e algo friki, cidade pequena ou barrio dos arredores dunha cidade americana, temas escatoloxicos, non lembro se falan de superherois ou non agora mesmo. Mesmo sae Jason Mewes, porén daquela nin con esas se me ocorreu que era unha peli de Kevin Smith.
Para os fans de Kevin Smith é recomendabel. Para o resto non o sei.
E queda oficialmente confirmado que eu son un desastre.









