De onde saíu o nome deste blogue?
Apocalipse quere dicir verdade revelada, e a apocalipse do porco é o titulo dunha canción que fixeramos uns amigos hai un tempo. Conta a historia dun porco que se vai decatando do lugar que ocupa no mundo e que está a piques de chegar ó seu apocalipse.
A letra vai así:
Hoxe sintome algo estrano
sei que algo vai pasar.
É unha cousa que me amola
desde hai ben tempo xa
¿porque son o rei na corte
e non me fan traballar?
¿porque son tan bos comigo
e non me fan traballar?
Os bois traballan na leira
e as ovellas danlles lá,
as vacas sacanlles leite,
pero un porco nada fai.
Eu son un ghicho con sorte,
porque os porcos nada fan.
Hai tempo ven asexando
o malparido do can,
anda rindo sen motivo
cando lle dan de papar,
di que pronto vai ter festa
cos despoxos dun pailán.
Parece que hoxe hai festa,
viu a xente do lugar,
un gaiteiro mailo cura
e todo-los seus curmáns,
que viñeron da cidade
como sempre pra papar.
Seica hoxe vou ter festa
e me van a convidar.
Que envexa van ter todos,
cando me vexan bailar.
Hoxe son o rei da festa,
xa me veñen a buscar.
A idea desta letra comezou co título antes de saber a historia que ía contar.
Pensei facer o mesmo co blogue e velaí a explicazón do nome.
Se ainda tendes mais curiosidade podedes escoitar unha gravación en directo (do 3-XI-1995 nun concurso na discoteca Vanitas en Nigrán) premendo no icono.
¡Sede benevolos!
chuzame - 

Fai unha achega á conversa, sff.