E non, non é felices en Vigo, coma diría o finado do Leri, é Happy Together. Porque o xoves 10 e o venres 11 estiven vendo na casa de Pawley no CGAI parte do seminario Happy Together: cine e culturas pop. Poño ligazó ó programa aquí por se o apagan co tempo.
Claro que non puiden ir a mais da metade das sesións porque alguén ten que tirar do país. Nomeadamente agora que os multimillonarios tamén choran (ainda que non chorarán demasiado, coma sempre).
O xoves á tarde só puiden escoitar a conferencia sobre documentais musicais que impartiu Luis Hidalgo. Estivo moi ben, dinámica e didactica. Amosando pequenos anacos de documentais moi ilustrativos.
O coloquio tamén estivo ben, ainda que de todo o que alí falaron só lembro unha 'boutade' de Jesús Palacios da que agora falarei. Iso e que Antonio Weinrichter estivo poñendo podre criticando (con bastante coña, todo hai que dicilo) a música de Joy Division e de Talking Heads.
O primeiro día Jesús Palacios falaba desde o público no coloquio cando dixo que en España (e Latinoamérica, ainda que isto era algo mais difuso) era imposible ser 'moderno' e mais concretamente ser pop, que había algo que el chamaba GRL Gen Recesivo Latino que era incompatibel co pop. Mesmo se alguén comezaba a amosar sinais de ser un artista ou músico pop, o GRL facía que voltara ó rego e fora tan rancio coma correspondía ó 'solar patrio'.
Pero o segundo día, á tarde (as únicas sesións ás que eu podía ir) Jesus Palacios estivo falando de glam rock e cando chegou o debate estaba aló arriba, á dereita de todo nesta fotografía. Igual algún o recoñece, que era un dos frikis tertulianos das Crónicas Marcianas.

Eu non dixera nada o día anterior no coloquio, porén non concordaba coa súa teoría e segundo falaban fun tomando un par de notas. Non me parecía normal que dixera que Tom Jones era pop en Mars Attacks mais o Fary non o era en Torrente ou que Raphael non era un artista superpop, nomeadamente cando Raphael encaixaba tan ben no que el mesmo definía como o glam. E Camilo Sesto? se Jesucristo Superstar é un musical pop, el non é un artista pop? Ou que falara do cine de Bollywood coma algo pop para nós pero non para eles, para así xustificar dun xeito algo revirado que non podía ser pop ningún filme español.
Conclusión: el seguíu ó seu rollo convencido e eu tamén, que é como rematan estas cousas
Despois fun comer algo por aí con pawley e mourullo e despois leváronme a coñecer a outra casa de Pawley o manteca(vigués até nos erros) Jazz filloa, evento fundamental na miña conversión ó lado escuro integración na vida coruñesa (moito mais do que o padrón, claro).
Comimos un bocata na rua e fomos ver esa cousa horrorosa moderna construcción que puxeron no Papagayo, onde antes estaban as putas había outra cousa, de camiño cara ó 14!.

Alí estaban poñendo música os que participaran no seminario e pedímoslle a Jesús Palacios algo de Raphael, mais non o tiña.
E pouco durou a noite. Ás 3 ou así marchei co señor mourullo que tiña que erguerme a unha hora normal e xa non podía seguir bebendo licor café.
Para rematar vou retirar o que dixen no coloquio non vaia ser que alguén o lembre despois. Alguén na mesa dixera que o cine español podería desaparecer e pouco se perdía e eu dixen algo mais tarde que tampouco era moito o que se perdía se pechara a Universidade española.
Recoñezo o meu erro, a Universidade española non pode desaparecer, igual que non pode desaparecer o Festival de Ortigueira. E polos mesmos motivos.
Editarei isto se teño tempo, que habería que poñer algunha ligazón.
chuzame -