Este foi un tráxico fin de semán, cheo de mortes que aldraxarán os vexetarianos (velaí as fotos dos despoxos)![]()
![]()
Alomenos na casa de Alberto, que insiste en dar de cear ós amigos. Esta visto que quere que rolemos coma bocois.
En troques, o que non quere é que esteamos espertos na súa casa. Encantalle botar películas raras para que vaiamos botando unha soneca e marchemos mais descansados á nosa casa. A do sábado nin lle lembro o título. Só sei que iba dun ghicho que estaba pirado e que marchei antes de rematar, porque mellor é durmir na propia cama que no sofá dos amigos.
Sumando as nécoras e a película ainda saían as contas ó seu favor, pero claro, inda por riba Almudena deume un cadro que pintara para a nosa casa (na que sale tamén a nosa casa, por certo) e claro, así non hai quen poida. Ainda non lle quitei a embalaxe, para que non se estrague antes de o colgar.
![]()
Tamén estiven en BD! non sei se poderei facerlle unha caricatura ó Melo e á Eva, en compensación, direivos que se queredes algún comic pasedes pola rua Cataluña. A verdade é que a xente que lee isto xa deben de ser clientes, pero, por intentalo…
Por certo, boísimas as novas adquisicións, ainda non tiven que utilizar a "Garantía BD!"