Despois das grande aventuras do coello que quería marchar para sempre, mais momentos de gran felicidade.

Unha das seccións con mais éxito do Faro e supoño que do resto de xornais, non está ben tratada nas edicións en internet: as esquelas. ¿Porqué este desprezo a esa gran canteira de redactores?

Non vos preocupedes, non pasa así en todo o mundo. En Cincinnati, o xornal The Enquirer, extende a sua inquisitiva actuación tamén á rede e publica estas bonitas esquelas.
En calquera caso prefiro estas outras que tamén publica e teñen fotos do finado ¡très chic!

Non hai sitio para vivir como na casa, pero para morrer...¡Cincinnati!

Chuzame! chuzame -

Hoxe, é o cumpreanos de Turuto e de Mateo, fago mal en poñer isto, porque non avisei do dos dous xémeos o día 10, pero bueno...

Hoxe tamen paso de novo ó anonimato e xa non aparecera o mes de xaneiro no encabezamento de cada entrada.

Sen nada que ver con todos eses eventos deixo aquí unha xoia do humor negro. Imaxes dun pequeno coello farto da vida. Son só unha mostra das imaxes dun libro, cando entredes na páxina premede "excerpts".

Por poñer algunha déixovos este exemplo do que ides atopar.

¡A este coello sóbralle paciencia e inxenio!

Chuzame! chuzame -

Alguén soñou co Roi dicindo que pensaba en alistarse. ¡E ten que pensar nos impedimentos para descartalo!
Nada, vivir para ver.

Hoxe, á mañá escoitei falar a este home.

Decatádevos que dixen que o escoitei falar, non que o vira. Porque non escoitei nin vin o tal Tom Selleck, ó que escoitei foi a Miguel Pernas. Hoxe coincidín con el no meu traballo.
É moi curioso que sendo el actor non atopara fotos súas na rede. Tampouco busquei moito, todo hai que dicilo.

Non me pasou coma cando falei con Josele, que parecía parvo, (Eu, non Josele) pero fíxome gracia oirlle a voz. Xusto despois estiven con outro actor de doblaxe. Recentemente fixo as campañas publicitarias de "la Caixa" de Pensions en Galego. Terían unha reunión por alí, ou casualidades.

Remato o capitulo de hoxe cunha ligazón que non teño idea do que vos parecerá. Requiro o voso comentario, coa crítica dos que teñan idea.


É a páxina de flickr dunha rapaza de xapón, Tamjpn. Aterrei nela surfeando e gustáronme as fotos.

Na páxina dunha amiga súa atopei esta foto de Estocolmo. Esta outra rapaza percorreou boa parte do mundo. !Viaxa coma se fora da familia do Dani!
Decatádevos de que o coello é un autocolante, non viña no sinal orixinal.

Chuzame! chuzame -

Pois si, foi un erro no facer o servizo militar obrigatorio.

Ultimamente lin na rede que Mr. Ansar suprimiuno cando xa lle ía tocar a un fillo seu. Non o sei, e a verdade é que carece de importancia, alomenos para mín. O caso é que entre inutiles e obxectores aquí pouca xente fixo a mili (refírome ós que sei que algunha vez entrades aquí). Incluso o meu irmán librouse por "exceso e cupo". O seu foi o derradeiro ano, se lle tocara hoxe...

Ben, o que tentaba diciros, é que foi un erro.

Si, foi un erro non ingresar no exercito. Coñeces mundo, tes tema de conversas interminables para o resto da túa vida e abríanse grandes oportunidades de enriquecimento persoal.

Si, non estou de coña, enriquecimento persoal, porque ollade o que pasou o pasado ano no exército británico.

A verdade, é moi comprensible que colapsaran a súa rede vendo o tal video.

Pero se pensades que é cousa dos británicos que sempre foron un pouco raros (podedes preguntarlle ó Dani ou ó Turuto se o dubidades) pois non. Tamen o exercito noruegués ten o seu video, pero eles crearon a súa propia letra para o coñecido tema Kosovo con música dos Beach Boys.

Asaltanme dúas preguntas:

1.- ¿Que agarda Bono para facer un video ca cabra? Non estou falando de U2 e propoño algún tema de Rocío Jurado ou da Pantoja.

2.- ¿Esto é o que fan ós soldados cando van en misión humanitaria?

Chuzame! chuzame -

Na comunidade do navegador Opera hai un ghicho chamado Serbian Fighter. O nome dá un pouco de noxo, pero esquecendo a persoaxe, ten uns albumes de fotos bastante curiosos.

A maiores das tipicas galerías de mulleres,ou fotos dos seus amigos (que medo) atopanse pequenas xoias, coma esta colección de bonecos que parecen os de Kenny de SouthPark.

Tamén lembra a Matrix misturado cos sistemas operativos de código aberto.

¡Agholá vos ghuste, meus!

Chuzame! chuzame -

A canle CUATROº, ten un programa chamado "6 PACK".

¿Pagáronlle a alguén por ese nome?

¿Cal é a mensaxe que pretenden transmitir con ese nome?

Só vin unha vez o programa, meteron a un rapaz, agochado nunha maleta no maleteiro dun autobus para ir non sei onde.

Non sei que tal está, porque co pouco que vin non me enganchou, pero tampouco vou dicir que sexa tan merdento como penso que é o seu nome.

Dito isto, vou poñer unha ligazón a un video do programa.

Incongruencia, diredes.

Non, xa digo que non o coñezo case nada pero este video, que igual coñecedes, é moi bo.

Unha incursión na lobrega cova onde os piratas teñen a súa gorida.

¡Treme, Teddy!

Chuzame! chuzame -