Se disfrutachedes co video de Kevin Smith que Turuto deixou no Hidrocube, estaredes ledos de que atopara isto .
Se disfrutachedes co video de Kevin Smith que Turuto deixou no Hidrocube, estaredes ledos de que atopara isto .
Xa que algúns non tendes sangue e nunca dicides nada, puxen este contador que hai ó fondo da páxina.
Non vale para moito, porque só conta cada actualización da páxina e non da mais información, pero para empezar terá que valer. Sirveme para saber si é verdade que alguén entra ou estou a escribir para Jandrix (agradecense moito os comentarios, meu). A verdade é que o meu blog chámase «Apocalipse do porco», e o de Jandrix «Aportacións» e podedes atopalo ó final de cada post que eu fago.
As mais das veces as entradas do contador serán miñas, porque cada vez que fago un post entro un par de veces para mirar como queda e ir correxindo. Xa digo que haberá que buscar outro mellor. Se alguén coñece algún bo, que avise.
¡E me aprenda a usalo, se fai favor!
¡¡Modificación!!
Xa lle copiei o contador o contador ó blog de Hidrocube. O novo é moito mais discreto e dame unha pouca mais de información.
Hai uns días podiamos ver en Hidrocube imaxes de Kevin smith falando en público.
Moi recomendable, botaredes unhas gargalladas.
Ben, pois esta é unha foto do seu lugar de traballo. Ainda que se non mo din nunca o pensaría. Os famosos creadores teñen todo revolto igual ca nós. E ademais é «tecnosexual» coma Roi (ou eu mesmo ¿para qué negalo?) E… ¿non terá unha muller este home? ¿Pode ter todo así sen que lle digan nada?
Pero non, a pesar do que poidades pensar, non estiven na súa casa.
Saqueina do seu Blog. My boring-ass life, tamen coñecida como Silent Bob speaks.
Ainda non o vin a fondo, pero nunha ollada xa vin un par de ofertas de cousas asinadas por Kevin. ¡E falaba Melo dun blog comercial!
Haberá que miralo ven antes de dar unha opinión definitiva.
Xa é abondo.
Non podemos aturar isto mais.
Eses PIRATAS estan destruindo a cultura.
¿Non se decata a xente que ese tipo de actitude é o que pode impedir a aparición de novas xeracións de artistas?
¿Canto tempo mais teremos que quedar mirando este abuso?
O nome do que fan é moi sinxelo: ROUBAR.
Espertade dunha vez, non deixedes que esta xente sen escrupulos acabe ca cultura.
Ollade un exemplo do que son capaces.
E ainda pretenden arranxalo. ¡É incrible!
¿Onde está a Xustiza?
¿Ninguén vai parar ós Teddy-boys?
É unha pregunta con moita tradición.
Mesmo lembro unha canción de Bronsky Beat chamada why?.
Non se trata diso, non pregunto pola vida, o universo e todo o demais.
É mais sinxelo, ¿Porqué escribo este blog?
¿Será para me entreter?
¿Será porque quero ser gracioso?
¿Será para que os amigos saiban de mín?
¿Non terei outra cousa que facer?
Pois non.
Non é nada diso.
O motivo de que escriba o blog é algo que convirte as cousas nun exito as mais das veces.
Fago isto…
PORQUE É GRATIS.
E logo, ¿que pensábades? ¿Acaso aquí non triunfa todo o que é gratis?
Pois iso.
As iniciais de Paramount Comedy.
Hai anos, cando nos dician que acabaríamos pagando para ver televisión eu soría mentras pensaba: «pagarás tí, parvo». Anos despois, tras unha campaña conxunta dos programadores de toda-las canles, hei recoñecer que, para poder a televisión cando te peta sen ter que ver unha programación as mais das veces apodrecida, a mellor opción é pagar. Habería outras opcións, pero hai tempo que descartei a loita armada.(Prometo ver la alegría/Escarmentar de la experiencia/Pero nunca, nunca mas/Usar la violencia)

Entre as canles de pago, unha das miñas favoritas é Paramount Comedy, que ven sendo a mellor canteira para cómicos en España.
Dentro desta canle destaca o cuarteto de Albacete: Joaquín Reyes, Ernesto Sevilla, Raúl Cimas e Chape. Os catro son coñecidos desde antes de se dar a coñecer.
Tres de eles cometeron o mesmo erro que algúns que eu coñezo de estudar Belas Artes, o último cometeu outro erro habitual, é profesor de educación física. (Non debía haber mais carreiras).
Dentro do programa La Hora Chanante, gran exito da canle e tamén de internet aparecen as persoaxes de Capitán Sevilla e Centurión Chape, podedes coñecer a súa viril amizade aquí.
E xa rematando este espacio de publicidade gratuíta deixovos unha última ligazón, dubidei poñela, pero espero que non a vexades en horario para nenos.
A imaxe é Joaquín Reyes debuxado por el mesmo.