Este ano non saín disfrazado, pero hai anos saía seguido.
Nesta fotografía pódeseme ver algo desmellorado na compaña de outros amigos.
Unha Santa Compaña de andar por casa.
chuzame - Este ano non saín disfrazado, pero hai anos saía seguido.
Nesta fotografía pódeseme ver algo desmellorado na compaña de outros amigos.
Unha Santa Compaña de andar por casa.
chuzame - 
Como vedes no cartaz, este sábado ás seis David Rubín asinará os seus exemplares na tenda Banda Deseñada!, na rua Cataluña en Vigo.
Ollo é ás 18, non vaiades á mañanciña cando voltedes de troular.
chuzame - 
Xa podedes ver que Turuto, o meu artista convidado, tivo o bo xesto de enviarme duas imaxes para cambiar a cabeceira. Esta é a primeira.
Agardo de vós que acertedes logo onde está. É moi doada de ver.
A outra, se ninguén ten outra suxestión mellor, xa a veredes.
Agardo as vosas respostas e mais novas suxestións para a cabeceira.
Remato dando grazas, como sempre, a Turuto. O autentico luxo da equipa deste blog.
chuzame - A imaxe da cabeceira é unha imaxe do pasado.
E bo lembrar o pasado, pero non é tan bo quedar no pasado.
¿Que imaxe quereríades poñer para sustituila?
Estas non son suxestións, son só bonitas.
¡I están sacadas as dúas dende a mesma casa!
¡Ai, a envexa! ¡Que mala que é!
chuzame - Non se me pasou pola cabeza poñer aquí a licenza Creative Commons, sería presuntuoso que eu pensara que á xente podía interesarlle copiar o meu trabalo. Penso que nin sequera tiña lido enteira a licenza.
Concordo moito ca filosofía de compartir na rede, ainda que entendo que tamén hai que vivir. Se non traballara noutra cousa, se cadra dábame de alta na SGAE (xa sabedes, Sempre Gañan Alguns Euros) Cousa ben distinta sería acadar que alguén pagara polo meu traballo.
O que defendo, i é parte da idea do Creative Commons, é a idea de respeitar a fama, de dar crédito á obra dos outros.
Isto ven a conto dun despiste:
O amigo Aspirino BCN, no seu blog mundo toleirán tivo o bo gosto de poñer unha imaxe miña.
Mais esqueceu dar o crédito ó que fixera o traballo. Neste caso, eu.
Gostei moito de que usara a miña imaxe, fastidioume que non puxera unha ligazón para que a xente puidera ver o meu traballo e soubera co fixen eu. Se a el gustoulle algo na miña páxina, se cadra, outro atopa algo interesante tamén.
Todo isto remata en que Aspirino BCN engadiu a ligazón, desculpouse, e agora eu son o que queda obrigado, teño que dar grazas pola visita e pola cita. Supoño que non pensou que eu lle puidera dar importancia.
Se algún gusta de algo nesta páxina, pódeo reproducir ou modificar como queira sempre que faga o favor de dicir onde o colleu e sempre co faga sen vendelo. Isto ven sendo un resumo moi breve da licenza creative commons
chuzame - As veces, semella que temos moito tempo para cousas sen interese e pouco para as cousas que pagan a pena.
Non o nego.
A última perda de tempo é o IBSN Internet Blog Serial Number, non sei que sirva para nada, pero hai que ter un, ¡non vaia ser o demo!
Bo, xa teño o meu:

Algún, se cadra, decatouse de que non é un numero ó chou.
chuzame -