Esta foto está roubada dun libro de Magar, fotografo do Faro de Vigo.

É do embaixador de España no Vaticano. Xa ten 20 anos, é dun partido entre o Celta e o Deportivo en Riazor.

Daquela ainda non soñara con traballar no Vaticano, por iso non tiña problema ningún en aparecer así.

A foto non se ve ben porque tomeina co telefono dende o libro. Xa no orixinal non ten moita nitidez. Supoño que a sacaría dende o campo cun teleobxetivo.

Se algún a quere ver ben que lle merque o libro. (recomendado só para xente de Vigo, que coido que desfrutarán)

Chuzame! A Facebook A Twitter

A requerimento popular, procederei á distribución de mais fotos destes frikis xaponeses.

Non estou a dicir que nós non sexamos frikis, ¡ollo!
Sen ir mais lonxe, non sei se coñeceredes a festa do monte Santa Tegra , n´A Guarda. Teóricamente, unha romaría popular (relixiosa), na actualidade a desculpa para que unha chea de xente suba o monte bebendo e vaixe a rebolos, ou como moito a catro patas.

Bo, o que iamos:

o amigo junku, ten varias temáticas fotográficas no seu flickr. Eu cheguei saltando, coma os seus gatos voadores mais tamén ten flores e outro temas.

Déixovos aquí ó lado a foto do xenuino «Tigre Asiático»

Chuzame! A Facebook A Twitter

Onte puñame pesado contando cousas da miña nenez, e falaba un chisco tamén da radio.

Viña todo isto co conto do aniversario que hoxe se rememora. E non digo que se celebre porque…

Hai 25 anos un toureiro (como dixo algunha prensa fora de España) entrou no Congreso a tiros.

Cando eu chegaba á casa, despois da escola, a miña nai estaba alí, e isto hai que dicilo, porque hoxe, os rapaces teñen a desgraza de que ningún dos seus pais está na casa para atende-los.

Cando pasaba o ferro facíao nun pequeno cuarto, nun recuncho da casa que chamabamos o cuarto de costura. Non cosía alí, pero si que tiña todo o que utillizaba para coser. O cuarto é moi pequeniño e só cabia ela ca taboa. Ó lado da fiestra puña o transistor, aquel transistor que daba o son á mañán. Aquela tarde estaba aburrido, unhas voces monótonas saían do transistor i eu xogaba alí ó lado.

Como xa sabedes, entraron a cachón e interrumpiron a monótona votación, non lembro iso, i é estrano, porque lembro moi ben o sol que había e onde estaba aquel día o transistor. Metéronme na cama cedo, coma sempre, ¡non coñezo ningún neno hoxe que se deite ás nove e media!
Ó día seguinte houbo televisión á mañán: ¡20.000 leguas de viaxe submarina en debuxos animados! É do que mellor lembro do tal día.

Na escola puñámonos en fila á porta da aula ata que o profesor abría.
Aquel día todos chegaron tarde, con cara de durmir mal. Ainda así foi un dia bastante normal.

Na miña casa non lembro medo, ainda que eu era moi neno e tampouco me contarían supoño.

E iso foi todo, sei que na casa de outra xente pasaron medo, e mesmo prepararon a equipaxe para viaxar a Portugal (que o conten eles se queren).

Para rematar, contarei que hai unha persoa que hai 25 anos estaba cumprindo anos.

Fastidioulle a festa aquel toureiro e mesmo quedou sen soprar as velas.

Almu, non teñas medo, hoxe non has ter problema…a non ser, que xa tes un ano mais, claro.

¡Parabéns!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Cando neno non comprendía como podía vivir a xente cando non había televisión. E pensade que aquela non era a televisión que temos hoxe.

¿Lembrades cando Jesús Hermida fixo o primeiro programa de mañán? Xa non eramos tan nenos entón. E o corte da emisión despois de xantar, lembro algún día agardando fronte ó televisor a que rematara a carta de axuste e comezara a programación infantil.

A miña nai escoitaba sempre a radio, ainda hoxe o fai. As mañáns sempre tiñan ese son, o pequeno transistor na cociña, a miña nai chamando por nós co almorzo quente xa na mesa.

Ó serán, mentras xogaba, escoitaba «ideas a las 7″ con Alfonso López ¡na COPE! (a canle 2, en Vigo era o que no resto do pais RNE3, música nova de calidade) e ás veces á noite «musical cassette», unha hora de musica que os ouvintes pedían por carta, ¡parando á media hora para darlle a volta á cinta! (tempo despois enterámonos de que os primeiros anos a equipa do programa escollía a música, ata que a súa selecta audiencia separouse do criterio «radiofórmula»)

A radio tiña mais presenza na miña vida que na dos nenos de hoxe, supoño que igual que eu non entendía que non existira a televisión, hoxe os nenos non entenden como se podía vivir sen internet, sen o móbil (a verdade é que o do móbil ás veces non o entendemos nin nós mesmos) e sen a PlayStation.

Mañá sigo, hoxe é abondo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hoxe vou ir ó supermercado. Vou facer unha lista:

-patacas
-tomates
-laranxas
-cervexa
-leite
-pan de molde
-ovos
-revisión médica

Esta podería ser a lista da compra dun ghicho dos EUA.

Ben, non mercaría tomate, senon ketchup, e se cadra mercaba zumes de laranxa.

Pero agora nos supermercados hai clínicas médicas rápidas que están abertas co horario do supermercado, sábados e domingos incluidos.

Por se o troco de médico de cabeceira non vos deixou satisfeitos, douvos dúas suxestións para as vosas futuras doenzas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

¿Algún sabe o que é o isolacionsimo?

Parecevos mal que vos digan: És un isolacionista sen remedio.

E, ¿sabedes o que é o reintegracionismo?

Iso soavos mais, ¿non si?

Pois o isolacionismo é a teoría, doutrina, ou postura política ou ideolóxica contraria ó reintegracionismo.

Nos anos que levamos de democracia, o tema da língua non foi moi debatido nos medios de comunicación. E cando os escoitas (ós que falan, que outros berran) descobres que nin están tolos nin deixan de ter a súa parte de razón.

Hai pouco estivo na TVG Carlos Figueiras, voceiro do Movimento Defesa da Língua (MDL)
Está ben, cando menos poder escoitalo. Se queredes, premede na fotiño. para o ver en formato .wmv

Xa para os mais afoutados está o portal da AGAL, cunha chea de materiais falando do tema. (Só llo recomendo ós que teñan bastante interese, o contido é denso)

O malo de entrar é que, se cadra, medranvos os cornos e o rabo

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp