Non sei de quen é a frase de que todos morremos sós.

Non estou moi dacordo, supoño que non é igual morrer só que arrodeado de seres que o queren a un. E a fin de contas morres igual, pero o pasamento supoño que será mais levadeiro.

Ven isto a conto da morte esta fin de semán de Rocío Durcal. Non admirei a esta señora en vida, pero a súa morte fixo que , cando menos a respetase. Só fago a comparación ca enfermidade que está a pasar a outra Rocio («La más grande», ainda que lin o outro día que Rocío Durcal vendeu mais discos que ningunha outra artista)

O circo, a feria que se monta ó seu redor da algo de noxo. Non ela, nin a súa enfermidade, bastante desgracia ten de ter unha enfermidade grave. A xente que ten ó seu redor penso que fomenta ese abuso informativo-morboso que consumimos no televisor coma se nos mesmos non tiveramos vida propia. ¡Que diferenza con Rocío Durcal! Ó que lle gustaba puido chorar por ela, e ó que non deixouno en paz. ¿A quen carallo lle importa a vida desta xente, se foden polas esquinas o morren dun cancro? Polo visto a moita xente. ¿Con esta merda de sociedade que estamos a crear entre todos, que carallo ten narices de queixarse da perda dos valores e do botellón ? ¿Alguén se pregunta porque os mozos e mozas só lles interesa ser famosos, gañar cartos a esgalla e sair na televisión?

¿Por que será?

Adeus Rocío, non te quixen en vida, pero gañaches o meu respeto, ainda que fora por comparación.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Leo na rede, nos comentarios ó sihomesi e o indymedia, que o alcalde (ese non, Javier Losada) vai manterse no erro e vai erguer de novo a bandeira no Orzán.

Se ese estilo vai ser o que impere no PSOE na negociación con ETA podemos darnos por fodidos e ben fodidos.

Aproveitando a desculpa do vento podía retirar a bandeira, e ninguén podería botarllo en cara, pero mira ti, para non cumplir promesas electorais ben que se amañan, pero para arranxar conflictos…Haberá que chamar a alguén mais diplomático para arranxar isto. (ah, iso tampouco vale, xa me esquecía)

Chuzame! A Facebook A Twitter



Na estrada de Ponteareas a Mondariz, vimos un par de cousas que os da zona coñecerán xa. De feito non era a primeira vez que eu as vía.

O primeiro é unha consecuencia desa tendencia de facer as cousas canto mais grande mellor misturado ca idea que temos en Galicia de poñer calquera cousa onde nos sae do carallo. Non sei que pinta unha tenda de noivas no medio do agro, pero seguro que vai ben e todo, Iria Novias.

A outra, xa sen ter en conta que estea mal escrito, sería o contrario do que é este blog (alomenos polo de agora) Nin vendo nada, nin fago negocio e ademais agardo que entren cada día mais curiosos.

Pois nada, convidados quedan vostedes, cando queiran aquí estou agardando na casa.
(Se traedes os pes enlamados quitade os zapatos na porta)

Chuzame! A Facebook A Twitter


…nin no balneario, unha noite non é nada.

Estivemos na Vila de Mondariz Balneario apenas vintecatro horas, e souperon a moi pouco, abofé.

Non vou facer un relato completo da estancia, só direi que marchamos moi relaxados e satisfeitos, pero a próxima volta vai ser mais longa.

Estivemos na parte novísima (aquí xa é coma as pontes de Ourense, hai vella, nova e novísima) e desde o noso cuarto víanse cousas coma estas, que aquí vos deixo.
A cúpula alumeada é do Pazo da auga, unhas instalacións que abriran xusto despois de que viñeramos o ano pasado. Non é fea, pero non me gusta, porque réstalle protagonismo ó templo da auga de Antonio Palacios.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Haberá alomenos sobriñas.

Xa vai ser a miña cuarta sobriña. A primeira desde que casei.

Polas fotos que lle sacaron onte parece que vai ser un chisco tímida, que non parou de tapar a cara ca man.

Podedes ver un ollo, o nariz e un dediño da man.

Disque se fora mais pequena podíase ver mellor nas imaxes, pero non sei, porque como podedes imaxinar a foto non lla tirei eu.

Ainda que na foto non se poida ver ben, xa vos digo que Irene vai ser moi guapa.

Que ninguén o dubide. Cando naza pedireille permiso á nai para que a poidades ver.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Informa Acedre de que está a subir a delincuencia en Carolina do Norte. Agora hai que deixar o coche pechado. ¿Onde imos parar?

Chegou o momento de dar un paso á fronte. Acedre, o tio Sam chama por ti. E non terás que poñer unha garavata coma a da competencia.

O cartaz xa o fixen eu, para que vexas o apoio do lobby galego. Ana negase a sair no video, pero ti non dixeches que non.

Acedre, a política chama por ti, ¿que ten o Chuck Norris que non teñas ti?

Tremede delincuentes, a lei chegou á vila.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp