Hai xa moitos anos, un profesor, do que non teño moi clara a súa filiación ideolóxica, nunha clase de galego en 7º da EXB puxo, nun magnetofono, «Grândola, vila morena«. Non foi un momento máxico, nin parvadas disas, pero si quedoume marcada a data e mais a canción. É o aquel que teñen as revolucións incruentas.

Durante un tempo, non preguntedes o porqué, dábame por cantar esa canción cando tiña que camiñar baixo a choiva. (Ollo, non cantaba antes de que comezara a chover, e cantaba baixiño, así que non era o culpable de que chovera). Supoño que poñerlle letra e música á democracia e á igualdade non é tan doado, se fora, todo o mundo podería facelo.

Grazas Zeca, onde esteas.

Chuzame! A Facebook A Twitter


Podedes chamarlle se queredes homenaxe ou podedes chamarlle outra cousa, eu vou chamalo: CREATIVE COMMODONS que semella o Creative Commons pero non é o mesmo.

Fusilar así unha imaxe, sen atribución nengunha da idea orixinal, é bastante común na publicidad, pero é botarlle algo de cara. ¿Que opinades vos?

A imaxe publicitaria é da empresa Broker’s Finance a outra, xa vedes que é da edición española dos Jovenes Titanes, non a sigo, así que non vos podo dar opinión dela, abofé Zeke poderá contarvos algo dela.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hoxe, viña no coche oíndo o Extrarradio e entereime do tremor.

Non me enterara porque esta noite paseina en Vigo, pero seica oiuse un estoupido coma un trebón.

Tamén contaron que houbo unha olimpiada de porcos en Moscova, e andiven na percura desta nova na rede pero non puiden atopala. Seica os xogos incluían carreiras a pe(zuño) e a nado e futbol (ca pelota mollada en aceite de peixe).

Non dixeron se os porcos tiñan que pasar control anti-dopaxe, mais si dixeron que os deporcotistas non serían destinados ó consumo humán.

¿Para cando as PorcOlimpiadas pasarán a ser de interese xeral?

Recomendovos que escoitedes Extrarradio se podedes, os sabados e domingos á mañá. É unha boa mostra da «nova» Radio Galega.
Comprendo ben ós que non a escoitan, pero se probades, penso que repetiredes. Hai novos programas, dos que me cadren a min (normalmente no coche) tamén aberto por reformas e as quimbambas.

Extrarradio está presentado por Belén Regueira, que lembraredes se seguíades o Chambo, e ultimamente andaba nos informativos da TVG. Entre os colaboradores habituais está Martin Pawley, que xa todos saberedes que levou o premio do periódico 20 minutos ó «mellor blogue nunha lingua constitucional distinta do castelán». No seu blogue comenta do programa deste sábado

Chuzame! A Facebook A Twitter


Onte xa coñecín á miña nova sobriña Irene.

Deixo unha nova foto que lle fai mas xustiza. está ca súa irmá María, ainda que a difuminei para que non a paredes na rua.

É ainda mais bonita do que semella na foto. A outra non a vedes ben, pero tamén é. Teño que dicir o mesmo das outras dúas. Non as poño porque xa son maiores e teñen a súa vida.
(É tan dura a vida dos adolescentes)

Chuzame! A Facebook A Twitter

Lembro, lendo o blogue de torredebabel, que o domingo é o dia do libro. Xa tamén avisaran Eva e Melo .

Os que me coñecen de mais lonxe, a miña familia, tíñanme de neno polo que chaman un rato de biblioteca. Foi se cadra a primeira manifestación da miña intensidade compulsiva (a ultima seica é este blogue).

Cando estaba a ler botábame días enteiros sen facer outra cousa, sen sair da casa. Sentaba polos sofás da casa, pasaba dun cuarto a outro tirábame no chan, deitábame na cama. Puña música, a quitaba. Queimaba as pestanas, pero mataba ó libro polo camiño. Se cadra é unha consecuencia da miña curiosidade: ¿que pasa despois? ¿como remata o tema? Tampouco o remate me chegaba, quedaba cunha saudade por perder a compaña do libro que matara, de aí me ven, supoño, o gusto polas series de libros, que rematan e voltan comezar.

Por isto, o día do libro, cos seus descontos nas librerías, era un día grande para min. Saía a rua e revolvía os anaqueis das librerías, sen falar con ninguén na percura dalgún tesouro agochado.

Este é un costume que perdín, pero seica esta fin de semán mercarei algo de Banda Deseñada en BD! a ver se volto ós vellos costumes.

A foto é unha parte da miña libraría adicada á banda deseñada.(moito medrou este ano)

Recomédovos, se non é o voso costume que lle fagades gasto ós libreiros que perden de descansar por vos vender algo de cultura. E lembrade que mercar nas librerías tradicionais favorece á pluralidade e a non concentración das canles de distribuzón. Só por poñer un exemplo, lembrade o que pasaba en Galicia na dictadura, e como os libro seguían chegando ó que estaba interesado, ainda que fora ás agachadas. (Pero isto é tema para outro día)

Chuzame! A Facebook A Twitter

Onte, mentras moitos blogueiros galegos pasaban o día xuntos en compostela no enblogs, eu estiven tentando achegarme pola rede ó que alí pasaba.

Non era bo momento, hoxe si que o puiden facer no blogue de Calidonia, que fixo unha estupenda crónica, e no flickr deixaron fotos, se as queredes ver.

Engado iso despois de ler no blogue de Brétemas que Arvpart recolleu as ligazóns a varias crónicas do acontecimento.

Porén, si que estiven vendo parte dos contidos, nomeadamente o estudo do grupo de investigación da USC de novos medios, podedes atopar ligazóns ó estudo completo e mais ó grupo no blogue do enblogs

Pareceume moi interesante, ainda que supoño que non todo o mundo opinará o mesmo.

A única queixa, que non é unha queixa, está na materia prima, no universo escollido.

Entendo as limitacións técnicas e mesmo persoais e de medios que impiden unha maior extensión do mesmo, pero así o estudo limítase a un grupo bastante homoxeneo, especialmente no tema ideolóxico. É un estudo do blogomillo e non da blogosfera galega. Non é unha cousa que se agoche, e mesmo se menciona no propio informe, non estou a falar mal deles, só me estou a laiar de que non sexa posible, cos medios actuais, un estudo mais ambicioso. Ademais, se tentaran estudiar mais blogues, se cadra, a caducidade dos datos (cun crecemento virulento dos blogues en todo o mundo, e tamén en Galicia) os deixaría fora de xogo.

Ainda así parabéns polo traballo.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp