Hoxe estou ledo, non foi sorpresa, pero xa rematei de facer a miña declaración (e mais a da miña muller) e salíu a devolver.

En realidade xa sei que os cartos os pagamos durante o ano cas retencións na nómina. Ainda así, as nosas empresas calculan moi ben as retencións, e o resultado ten muito que ver ca hipoteca (amortizamos en decembro calculando para chegar case ó límite anual permitido)

sobre

Todo isto da igual, o caso é que nos van abonar uns cartos a maiores (xa se verá cando o ingresan) cos que non contábamos de todo. E xa teño decidido onde vai ir parte: hai que buscarlle un irmán a este portatil co que escribo. Non o vou retirar, que ainda ten que dar moita guerra, pero voulle buscar un compañeiro que vai estar permanentemente conectado á rede (non digo para que, que despois todo se sabe) con mais memoria, cunha pantalla mais grande, unha tarxeta de son e de video mais guapas, mais disco duro...o consumismo devórame.

Tiña pensado mercar un PC clónico, pero Turuto tenta convencerme de que merque un Mac, que o podo ter cun xestor de arranque cos tres SO (Linux, Mac e Windows) e que ten o que eu preciso. (Ademais de que o deseño vaille gustar mais á miña muller di el)

Neal Stephenson (falando no 1999) dicía que os de Apple eran grandes constructores de Hardware ainda que estiveran a piques de ir ó carallo como empresa. E agora os prezos non son os de antes.

¿Alguén ten algo que opinar? Pido consello se alguén mo quere dar:

¿Mac ou PC? Se merco un PC, ¿clónico ou "de raza"?

Sei que hai centos de foros nos que buscar este consello, pero faime ilusión que me deixedes comentarios ;-)

A imaxe é a miña declaración (lista para ir cara á Facenda) escaneada cun multifunción que caeu nas miñas mans e estaba a probar.

Chuzame! chuzame -

Recuperando a tradición deste blogue, poño aquí unha fotografía.

Non conto onde a atopei para non dar pistas.

As pistas "oficiais" son as seguintes:

-As cores están alteradas.

-Non é unha cidade galega.

-Non é unha nova foto de Kuala Lumpur.

Bonita foto aerea dun lugar sen nome ainda

Premede na foto para poder seguir sen lentes.

Chuzame! chuzame -

Os que sexan asiduos desta cotiá apocalipse saberán xa que, no día das letras Dorfun agasalloume dous libros.

Moi lentamente, onte rematei o primeiro deles, non chega ás 130 páxina, pero lin moi paseniño. (cousas de andar metido sempre na rede).

Teño que llo agradecer, porque pasei moi bos momentos, o Neal Stephenson ten moita coña.

O libro é "Ó principio foi a liña de comandos", e tendes unha versión en castelán na rede en PDF (non o deixedes pasar, paga a pena)

E seguindo con agasallos, xa sei a quen lle teño que facer o regalo do amigo imblogsibel, en xullo en lugar ainda por decidir. E mesmo teño xa unha idea para o regalo...
amigos

A imaxe e de homedeareia via dorfun. É impagable, habia que roubala ;-)

Chuzame! chuzame -

BuzzO venres fomos Ó Grove e pasamos alí a fin de semán cos amigos de sempre, como alí non teño conexión á rede descansou o blogue mais o portatil, que ben o merecen.

En troques diso adicámonos a tomar sol, leer, falar, e xogar ó Buzz!, un xogo que simula un concurso da televisión: Coma se fora "Soy el que más sabe de televisión del mundo" pero con música.

solpor A Lanzada

O domingo, cando xa estabamos de recollida, non puiden resistir e pasei pola miña tenda de fotografía favorita.

Ainda seguía o noso amigo, o rapaz da primeira comunión, e saqueille fotos a outras vítimas. (non sei se é mellor a que parece que vai voar ou a que fala por telefono) a calidade das fotos que poño é mala porque saqueinas con móbil e tiñan a verxa pechada, porén pódese ver ós pobres rapaces. ¿Que pai deixa que lle saquen esas fotos ós seus fillos? ¿Non se supón que os rapaces ainda son inocentes? ¿Por que os ten que castigar o "artista"?

choivatelefonorapazRapaz-reflexivo

Se queredes ver mellor ós rapaces premede nas fotos, e de paso mandádelle un correo a Rajoy para que xunte firmas solicitando a abolición do recordatorio da comunión. As xeracións futuras estaránvos sempre agradecidas. Ou aforrade o paso e manádello a ZP para que acabe con este maltrato psicolóxico ós menores.
Se cadra algún día porei aquí a miña foto da primeira comunión. Mais, por se acaso agardade cómodos, non vaia ser que tarde.

Chuzame! chuzame -

...sucede o mesmo.

Eu non sei se en todas partes son tan esaxeradas as modas, pero por aquí, cando unha moda chega, medra sen parar ata que non se pode aturar. Non hai mais que lembrar a Chiquitorrrrrlll por exemplo.
Outro exemplo clásico son as cancións do verán. O ano pasado non aguantaba ir a gasolineira, só co cheiro a gasolina daban gañas de golsar.

Este ano, alomenos, xa ven con coña incorporada de serie. O temiña de amo a Laura está chegando ós límites habituais de insoportabilidade, pero ainda hai oco para algunha reviravolta.

Coma esta, unha versión "porno" da letra da canción. Ainda botei unhas risas, porén non tantas como co tema orixinal.

vía m.t.

Chuzame! chuzame -

Que eu saiba, JFK non era de Berlin e mais dixo que era dalí, pois eu non teño que ser 100% friqui para dicir que o son. ¿Qué porcentaxe? vos diredes.

Para ser friqui non hai que ser fan de Star Trek, nin de Star Wars, nin sequera de Starlux.
Non che ten que gustar a banda deseñada, nin o cine iraní, tampouco hai que ter un blogue, non tes que marchar ó monte a escalar así que sae o sol, nin andar detrás dos gurús do software de fonte aberta.

Todo iso son pequenas teimas que calquera pode ter. Se as tes todas xuntas, home, tes que facerlle algo.

Pero se queres ser un friqui, mira e aprende:

na herba.jpg conducindo.jpg

Estas fotos adícollas a F.Míguez para que apunte como se traballa o campo coma é debido e non esas trapalladas que fai el de inventar aparellos.

Se algún ainda ten corpo para ver mais fotos deste home sen medo nin vergoña (nin gosto no vestir, abofé) deixovos unha presentazón aquí pendurada. ¡Ollo!, poden ferir sensibilidades de todo tipo, quedades avisados.

Xa solucionei o tema do outro día (agás o da Policía, Anxo. Mágoa).

Grazas polas fotos á miña amiga Arancha.

Engadido: se entendedes o conto que fai arduina, se cadra tamén sodes un pouco friquis.

Chuzame! chuzame -