Tiña o bo costume, cando o Xastriño actualizaba o seu blogue de ler o que alí iba deixando, e tamén vin algún dos seus artigos no soportal de banda deseñada de cultura galega.

Un dos que me descubriu algo novo e interesante (as dúas cousas dende o meu punto de vista) foi o que falaba de Jiro Taniguchi. Despois Melo confirmou que era unha boa aposta e abofé que tiña razón.

Como podedes imaxinar, o ghicho é xaponés, pero si esperades que faga un manga do tipo de Bola de dragón ou Ranma 1/2, non ides acertar.


O que fai Jiro Taniguchi está dentro do que chaman nouvelle manga. Non vos podo dicir moito do nouvelle manga por que o único que lin da tal son cousas de Taniguchi. Pero ven sendo unha mestura da banda deseñada europea co manga.

Se non queredes perder tempo lendo todo o que deixo ligado, empezade pola ligazón ó artigo do Xastriño, mellor non o vou dicir eu. Se sodes afoutados e ides probar directamente recoméndovos comezar por «el almanaque de mi padre».

Para os que me coñezan en persoa, poden pedir o pouco que eu teño para probar.

Chuzame! A Facebook A Twitter