Na páxina da que falaba antes, atopei tamén unha ligazón a este formulario para entrar voluntario como suxeito dun estudo.

HelpWanted

O que persegue a empresa que fai o estudo é cambiar o sabor do seme mediante a inxesta previa de varios productos diferentes. Tamén é parte do estudo a parella do «doante», que é o que realmente fai a «proba» ó longo dos 30 días que dura o estudo.

Seica haberá un blogue da proba onde irán comentando a xogada.

O que queira que dea un paso á fronte.

Se tendes que humillar a algunha amiga, nesa web tendes unha sección para despedidas de solteira.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Pensando no problema que teño co linux ocórreseme unha comparación.

Collede un indio destes da amazonía que viven coma na prehistoria e facedelle un resumo de como se manexa un coche automático:

Colles o volante, metes a marcha, pisas o acelerador para avanzar e o freo para parar.

Sinxelo, ¿non si?

¿Lembráchedes dicirlle que metera a chave no contacto?

Pois algo parecido pásame co Linux, a axuda supón cousas elementais que non se me ocorren. Onte non fun quen de fedellar como ‘root’ (o puto amo) porque non se me ocorreo que cando estaba tecleando e non aparecía nada era só para que non puideran monitorizar o contrasinal.

A este ritmo dominarei o SO cando España gañe o mundial.

Tux

A imaxe é dunha páxina que me trae a mal traer (ainda que non estou certo se teño a culpa ou é polo meu equipo) Ainda agardo que a forza de tux guie o meu camiño.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ben, non vou dicir que me sorprendera, xa teño falado disto.

A por ellos, joé

Estivo ben que pasaran a primeira rolda, que así non lles cantan o de A por ellos, ooooeeee ó chegar a Barajas.

Tamén estivo ben que os eliminara Francia, que ten mais caché que Corea.

Non escoito a radio moito estes días e vexo poucas mais noticias cas de Chuza!, así que non sei o que estarán dicindo da selección agora que os eliminaron. Supoño que seguirá habendo quen dí que son os mellores do mundo e aparecerán os que digan que xa avisaran para deseguido sacarlle o pelexo.

Pequeno resumo:

Eran unha merda, pasaron a ser os favoritos con Brasil, os que facían o mellor futbol, e agora caen contra o primeiro que xogou un pouco ó futbol. Agora supoño que tocará outra vez ser unha merda até que empezen gañar amistosos, e volta empezar…

Non perdo a ocasión para dicir que o partido de Portugal contra Holanda estivo divertidísimo. Vou ter que ver partidos da NHL que abofé vanme encantar.

Copio unha mensaxe ó chou nun foro:

«La seleccion española es una mier….. Escrito por Pedro Quiroques – 08-09-05 08.05
estoy desilusionado, totalmente, juego al futbol en un equipo de tercera y lo que pasa con la selección es que para ellos, y para todos los futbolistas, lo más importante es el lifting, el movil, el descapotable y las chicas de compañia, eso es lo que pasa, QUE VERGUENZA DE DEPORTE NACIONAL!!!! YO ME PASO AL PADEL»
Chuzame! A Facebook A Twitter

Onte puxeron na Cuatro un resumo do concerto aniversario dos 40 Principales e estiven vendo unha parte.

os 40 da SGAE

Non sei moi ben se semellaba un casting do superviventes (o de tele5, o de BolaExtra ten mais nível) ou unha gala especial de Desguace Musical. Abofé que a gala a podería patrocinar a SGAE porque estaban os de sempre (agás Teddy «Pirate eater» Bautista, ainda que como non o vin enteiro tampouco podo aseguralo)

Moitos deles arrastrábanse no esceario, amosando a súa escasa voz que non mellorou ca idade e case todos (con escepcións abofé) tentando aparentar unha idade que hai tempo quedou atrás.

Ter bandullo ou celulite está dentro do normal e mesmo é admirable non pretender amañar todo ca cirurxía, pero o que non pode facer un ou unha e vestir igual que cando tiña vinte anos e un corpo admirable.

Mención especial require Antonio Vega. A causa do seu deterioro semella evidente, pero así como Josele Santiago cambiou de vida e recuperou a voz e a saude, Antonio non ten moi boa pinta e non está nin para que faga coñas con el. Podedes velo no YouTube.

Da pinta que levaba Sabina xa nin falo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Onte, venres 23 tiña idea de vir a Vigo para ver á selección española xogar. Estiben na casa navegando, lendo algo de banda deseñada, o que fai a xente cando non traballa: nada especial. Mesmo fixera a equipaxe para uns días e xa saía pola porta…
¿U-las chaves?
Deixei as chaves no coche…¿Como baixo até a garaxe? Non haberá problema. Malo será que non apareza ningún veciño…
Baixo.
¡Vaites! ¡A porta está pechada con chave!

Ring, ring, ring…
-¿Diga?
-Deixaches a porta pechada.
-Igual que fago sempre.
-…
-Se non esqueceras as chaves…

¡E ten razón!¡Para dar mais polo saco!

Vin o partido n’A Coruña, así estiven fedellando mentras tiña a tele posta, alomenos aproveitei, porque o partido… :(

Hoxe hai festa do Extrarradio no Playa Club, mañá contarán os que foron, eu vouno perder, que xa é AP9 de mais. Aproveitarei para visitar ó imán Semita que operárono e está ainda a se recuperar na casa.

¿Saira Mourullo do anonimato na festa do Extrarradio? ¿manterase como lurker no Mundo Real®?

Chuzame! A Facebook A Twitter

Seguindo cas recomendacións de banda deseñada, outra que tampouco é novidade:

O Peter Pan que debuxou o francés Loisiel. Todo o meu coñecemento da obra de Barry ven da Disney, e non sei se aseméllase mais ó de Disney ou ó de Loisiel, pero este é mais escuro e mais adulto. Abofé non tanto como o de Alan Moore, pero está ben.

Peter Pan 5 - Garfio

As persoaxes son mais ou menos as mesmas, pero tamén aparecen os pais de Peter Pan, explica a orixe do seu nome… A historia está mais desenvolvida, porque ten mais espazoo e non está  limitada polo público infantil.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp