Xa falei hai tempo do concurso a polo ghit que anda na percura da canción do verán galega. Mesmo puxera a imaxe do concurso.

É unha imaxe feita cun ordeador.

infografía

Do que non me decatara no primeiro momento, é que a imaxe xa a coñecía. Pero do mundo real. Á miña familia gústanlle as palmeiras.

real

E había outra alternativa que non se lles ocorrera...

Cruceiro

Vou ter que voltar outro día e facerlle a foto co solpor, para facela igualiña ca do Apologhit.

Chuzame! chuzame -

Para que vexades que non teño medo nin vergoña, vou poñer un video do tomate

Non sei o que lle pasou a Soyaya, pero preocúpome poyeya.

Chuzame! chuzame -

Xa dixera que non tiña pensado quedar co bigode. Onte mesmo xa o quitei.

Ainda así, vistos os comentarios feitos ó respecto poño unha foto, xa sen o disfarce de Freddy Mercury ;)

SenBigode.jpg

Oh, It's me again!

¡Que contentas van quedar a miña nai e mais a miña aboa!

Chuzame! chuzame -

Hoxe fun cortar o pelo e despois, na casa quitei a barba, mais deixei o bigode. Porén non vai sobrevivir á noite.

O look Village People é de mais para min. :D
bigode.jpg

Chuzame! chuzame -

Hoxe estiven poñendo as fotos de onte no flickr. Pero como non teño o permiso de todo o mundo para poñelas na rede, só as poden ver os protagonistas.

Se estabas onte, e queres ver as fotos, deixa un comentario (enchendo o teu enderezo de correo) e rexistrate no flickr ( se non tes conta xa) despois mandareite un correo ca ligazón e te engadirei para que as poidas ver. É bastante coñazo, pero mandar as fotos polo mail ainda era mais.

25072006.jpg

Que ninguén se moleste, pero prefiro non poñer as fotos de todo o mundo na rede. Eu son así.

Chuzame! chuzame -

Hoxe á tarde, día da Patria (Galega) en Compostela xuntámonos algúns dos chuzeiros, fedelleiros ou blogueiros para comer churrasco e falar sen 15 segundos de pausa entre frase e frase.

Estiveron alí Ascárida, Postscriptum, Fer, Snob, Berto, Orsinia, Pánchez, Aranha, Plattdorf, Oko, Ifrit, Besbellinha, Moss, Calidonia, Subcomediante S (agardaba non esquecer a ninguén, ainda así esquecín a melropreto, a o'xirarei e a aluguer)
Fomos quentando no Maria Castaña Post, Fer, asca, Snob e mais eu, e preto, por certo atopamos a sak, que despois non apareceu mais.

Xa na carballeira, segueu o quentamento con vermú, mais cervexa e polbo. E según foi chegando a xente xa lle metemos á empanada, o viño e o churrasco. Como non podía ser doutra maneira houbo LK e o Snob encheu os nosos bandullos e os nosos coranzóns de lambóns cun brownie feito na súa casa.

Eu marchei o primeiro, ás oito e media, pero a festa estaba a comezar e algúns non sabían ainda se durmirían na casa.
Meto aquí debaixo algunhas fotos, as caras están recortadas seguindo a política de privacidade deste blogue, pero se algún dos artistas quere pode pedilas.

a filla de D. José

SnobBrownie

Panchez the Killer

Snob LK

Furados

Con todo dicir que o peor de poñer isto aquí non foi subir as fotos, foi poñer as ligazón a cada un co seu blogue, a próxima vai sen ligar. :P

Chuzame! chuzame -