Onte, a miña enviada ó mundo da televisión, púxome na pista do novo programa de Pocholo Martínez Bordiú.
O programa vai na liña da cadea, a sexta é unha canle patética e o programa é lamentable.
Xa sei que non terán tantos cartos como as outras canles de cobertura estatal, pero non como para ser tan cutre coma unha televisión local.
¿Vai agardar catro anos ó proximo mundial a Sexta para recuperar a súa audiencia?
¿Non ten mellores ideas que sacar a Pocholo?
Agardo novidades. Xa veremos.
Por certo, a miña muller non concorda comigo, ela di que lle gustou o programa. É certo que viu medía hora mais ca min alomenos, que eu só vin os últimos vinte minutos, pero non me quedou gaña de ver mais. Con todo, recoñezo que me gustou a autocaravana do Pocholo, lembroume a vella autocaravana de Jandrix, que non pasaba de 80 con sorte… Pero xa contarei aquí sobre a súa nova autocaravana.
«Con todo, recoñezo que me gustou a autocaravana do Pocholo (…)»
Todo é comezar, Ghanito
Said by mourullo 13 Xullo, 2006 at about 1:43 a.m.
«a sexta é unha canle patética».
Pero van botar os Soprano,estan poñendo todolos dias Turno de guardia asi que ainda que e ¿patetica? hai cousas que se poden ver.
Ademais pronto chega o mundial de baloncesto.
Said by zeke 13 Xullo, 2006 at about 5:56 p.m.
Podo aceptar o dos Soprano, que nunca a puxeran en aberto e non ten tantos anos…Juzgado de Guardia (night court) foi moi divertida no seu día, pero daquela ainda non tiña vostede coche
(nin eu)
As reposición serven para encher ocos, non me vale facer unha canle nostalxica todo o día.
E o do mundial, pois o que dicía, meter todo o orzamento en mercar dereitos deportivos será preciso, mais non deixa cartos para o resto.
Said by ghanito 13 Xullo, 2006 at about 6:33 p.m.
«Turno de guardia» non «juzgado de guardia».
Ainda que tamen e unha reposicion.
Said by zeke 14 Xullo, 2006 at about 3:10 p.m.
Qué me dis do tiki taka de Montes con Xulio Salinas. O mundial de basket promete. A máis, o mellor do Mundial na sexta foi o «cantar» os goles como se fose na radio. Xa estaba farto do «de la Casa» na primeira, que o cabronazo aburría ate as pedras.
Polo demáis, é cutre, certo. Lembrades a Tele5 ou antena «cuTRES» nos seus comenzos??
Saúdos, agora sí, vacacionalmente dende Vigo.
Said by Anxo D. 17 Xullo, 2006 at about 3:46 p.m.
[...] Remataría a noite para min, despois de tomar un kebab, nunha terraza tomando unhas cervexas (eu un auga, que o coche non perdoa). Momento de confesión de parafilias televisivas. Nunca pensei que algunha xente vira Salsa Rosa (o tomate está desculpado ca sua mala ostia habitual ) Afortunadamente ninguén era seguidor de Donde estás corazón. E xa falara aquí do que penso do programa de Pocholo. [...]
Pingback by Apocalipse do porco » Xantanza de verán 2006 3 Agosto, 2006 at about 12:25 p.m.