Hoxe á tarde, día da Patria (Galega) en Compostela xuntámonos algúns dos chuzeiros, fedelleiros ou blogueiros para comer churrasco e falar sen 15 segundos de pausa entre frase e frase.
Estiveron alí Ascárida, Postscriptum, Fer, Snob, Berto, Orsinia, Pánchez, Aranha, Plattdorf, Oko, Ifrit, Besbellinha, Moss, Calidonia, Subcomediante S (agardaba non esquecer a ninguén, ainda así esquecín a melropreto, a o’xirarei e a aluguer)
Fomos quentando no Maria Castaña Post, Fer, asca, Snob e mais eu, e preto, por certo atopamos a sak, que despois non apareceu mais.
Xa na carballeira, segueu o quentamento con vermú, mais cervexa e polbo. E según foi chegando a xente xa lle metemos á empanada, o viño e o churrasco. Como non podía ser doutra maneira houbo LK e o Snob encheu os nosos bandullos e os nosos coranzóns de lambóns cun brownie feito na súa casa.
Eu marchei o primeiro, ás oito e media, pero a festa estaba a comezar e algúns non sabían ainda se durmirían na casa.
Meto aquí debaixo algunhas fotos, as caras están recortadas seguindo a política de privacidade deste blogue, pero se algún dos artistas quere pode pedilas.





Con todo dicir que o peor de poñer isto aquí non foi subir as fotos, foi poñer as ligazón a cada un co seu blogue, a próxima vai sen ligar.
comer churrasco e falar sen 15 segundos de pausa entre frase e frase.->
D
Said by cheme 26 Xullo, 2006 at about 4:35 p.m.
Estes fedelhantes forom sorprendentemente agradáveis!
Said by Fer 27 Xullo, 2006 at about 10:59 p.m.
[...] Xa no Bonaval pasamos a tarde conversando e rindo. Igual que dixen xa do martes, fedellando sen 15 segundos polo medio. Pero ademais tiñamos de fondo a moi fermosa música que tocou Fredy (o amigo brasileiro de Pawley) que desvelou o seu talento como cantante e guitarrista interpretando unha chea de temas brasileiros. [...]
Pingback by Apocalipse do porco » Xantanza de verán 2006 3 Agosto, 2006 at about 12:22 p.m.
[...] sobre o ano pasado aquí mesmo. Posted in Blogomillo, comida, Compostela por ghanito | Permalink| [...]
Pingback by Apocalipse do porco » Chu(za)rrascada Nacional 9 Xullo, 2007 at about 7:09 p.m.
[...] Estas son as derradeiras que quedaban en cinco minutos das bolachas que trouxo xorna. Fixeron case esquecer que este ano Snob non trouxo un brownie coma o do ano pasado. [...]
Pingback by Apocalipse do porco » Chuzarrascada Nacional 07 28 Xullo, 2007 at about 9:50 a.m.
[...] de convidar aos presentes a catar a miña especialidade larpeira. Antes de que Ghanito, o noso cubridor de eventos oficial, tivese tempo de quitar a foto, xa desaparecera a metade, nun rebumbio de bramidos de aprobación e [...]
Pingback by Snob Megalove » Blog Archive » O Brownie do Snob Megalove 10 Agosto, 2010 at about 3:21 a.m.