Xa hai algún tempo que é pública a lista dos convidados deste ano ás Viñetas, mesmo eu teño comentado que viña Larcenet
Non coñecín ningún dos nomes antes de que se fixeran públicos, que Melo tivo a boca ben pechada. O que si sei é parte da intrahistoria dunha das invitacións.

Resulta que a idea de convidar ó Bruce Tim partiu de Turuto. Melo preguntoulle por alguén que lle apetecera ver n’A Coruña e un dos que lle dixo foi o tal. Curiosamente, un dos problemas para que viñera foi que non garda moitos orixinais, e, como se cadra sabes, nas viñetas os autores convidados sempre teñen exposición.

Se non coñeces a Bruce Tim, o seu traballo mais coñecido é como productor das aventuras de Batman que emiten na televisión e mais da Justice League, ainda que tamén fixo bos traballos coma debuxante de banda deseñada.

O que eu mais gañas teño de ver é Manu Larcenet, autor frances do que xa dixera que viña, ó falar da súa obra «Los combates cotidianos»

Recentemente lin o seu «el retorno a la tierra» no que as persoaxes son el e a súa parella. Póñovos aquí as dúas primeiras páxinas.

preme para ver mais grandepreme para ver mais grande

Se vos gustan recoméndovos o libro, paga a pena. E seica algún verase reflexado :D

edítao en castelán e catalá bang ediciones

Chuzame! A Facebook A Twitter

edición de Planeta

Xa falei hai tempo do meu gosto polas historias de Usagi Joyimbo, agora estou lendo Lobo solitario y su cachorro. (子連れ狼 – Kozure Ōkami) con guión de Kazuo Koike e debuxo de Goseki Kojima. O título castelán está collido do inglés, en xapanés sería algo semellante a Lobo con neno en carriño.

Conta a historia dun ronin (samurai sen amo) que, vítima dunha traizón, perde o seu posto de albacea do Shogun e vai por Xapón acompañado do seu fillo alugandose coma sicario por 500 Ryu.

Esta é unha serie mítica do manga. Se cadra a mais coñecida en occidente do manga para adultos.
Non só tivo repercusión no público, tamén tivo unha influencia notable en autores occidentais.

Un exemplo é o de Frank Miller. Que fai os debuxos da capa da edición española (collidos da americana). Pode que influencias da figura do ronin estean non só na súa obra ronin, senon tamén na actitude dalgunha das suas persoaxes de Sin City. Nomeadamente no de Marv.

Do exito da serie de manga en Xapón dicir que entre 1970 e 1976 vendeu 8 millóns de exemplares e se fixeron 6 películas (con actores) baseadas no manga. Nunha páxina na rede (fiabilidade descoñecida) dicían que Darren Aronofsky, o director de Pi tiña o proxecto de facer unha película sobre este manga.

Das referencias en obras occidentais, ademais da de Frank miller da que xa falei podedes atopar mais na wikipedia.

Aquí están as capas da reedición xaponesa de 1997, e aquí algunhas das capas da edición orixinal dos 70.

A edición en castelán de Planeta respeta o sentido de lectura orixinal xaponés e ten vinte tomos. Eu vou no terceiro e dixéronme que a trama boa comeza a desenrolarse no cuarto. Agardo impaciente. Xa vos contarei.

Para os que xa se envelenaron con Monster recoméndolle agardar se mo queren pedir. Mellor non ter pausas cheas de sufrimento. 8.700 páxinas non se leen nun día.

Xa contarei de novo que me pareceu a serie así que a remate.boneco dark horse

No cartel pódese leer: Neno e espada contratable. «golpe de onda fulminante» con katana zanbatou. Itto Ogami

Chuzame! A Facebook A Twitter

Onte no CGAI xuntaronse algúns para falar de cine. Da nova crítica de cine na rede. Estaban representantes de Cinema Friki, Tren de Sombras e Días Estranhos.

Repetindo unha apreciación feita onte, foi un exito de crítica e público.

Como esto non pretende ser unha crítica non farei unha análise detallada do que alí aconteceu. Direi só que estivo ben pero que se contiveron de mais. Mesmo o público estivo moi comedido e os fedello-trolls nin entraron en acción :D

Todo isto no acto, porque, como noutros grandes eventos do cine, o mellor veu despois, nas copas.

No quentamento estivo Mr. Pawley, mentres non comezaba o segundo acto cinéfilo (eu supóñolles ainda afectados pola enfermidade) pero axiña marchou reclamado pola organización. Nós tamén fomos requeridos para facer vulto, pero os irmáns Rivera fixeron mais forza e quedamos fedellando off-line. Alí quedamos Mourullo-the-bot, Snob, Ascárida, Besbellinha, Diefer Casan, Ifrit e eu mesmo.

seis.jpg

Pasámolo moi ben lercheando a tarde enteira, non falamos mal de ninguén falamos de todo dios sen facer moito sangue e botamos moitas risas.

Como un é dono dos seus silencios e escravo das súas palabras vou deixar o que se falou fora desta breve reseña. Só direi, que a 1ª lei de Berto e a 1ª lei do fedello pode que estean mais preto do que algúns pensabamos.

frikis.jpg

Sempre quedaremos ca dúbida do que tería pasado se os frikis non tiveran que coller o coche para retornar a Capitol City. Parece mentiran que convidaran ó resto á cea sen estar bébedos (son uns autenticos frikis, abofé)
Eu retireime con eles. Ainda que a noite seguíu e non se sabe o que fixeron os catro fantásticos. (Supoño que si se saberá, pero eu non)

O martes, chuzarrascada, e o domingo, xantanza

Chuzame! A Facebook A Twitter

Esta é unha pequena escolma de fotos do Cultura Quente, non é o que pasou, pero si algo do que pasou.
preme para ver mais grande

Eu, co vello amigo RS.

debin mercar un baixo e non pedilo para o concerto...

Bonito baixo, cun forro moi agarimoso ;)

Nenosenpistola.jpg

Comendo pipas, ou algo así ;)

moita xente

A estas horas xa había moita xente e pó no ambiente.

convidados

Tivemos convidados á noite na autocaravana.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O domingo á noite subiume a febre ós 38º.

O Ibuprofeno, e o paracetamol permitíronme ir traballar o luns e unha sesta de varias horas púxome no bo camiño.

Aproveito a enfermidade para  entrar no mundo dos blogues introspectivos.

Levo dúas horas agardando polo fontaneiro e non da chegado. (que emocionante está hoxe o blogue)

Chuzame! A Facebook A Twitter

Aproveitei a mañá do sábado en Vigo para visitar ós meus proveedores de Banda Deseñada, que tiveron o detalle de regalar ós primeiros que llo pedimos un exemplar do número especial polos 20 anos de Dark Horse. Persoaxes debuxadas por autores diferentes ós habituais. Como é grapa aproveito para escanear a imaxe que Stan Sakai fixo do Sin City de Frank Miller e a que debuxou Miller do Usagi Yojimbo de Sakai. Se non coñecedes estas dúas series, recoméndovolas. Sen dúbida.

É curioso, que sendo dúas series moi violentas Usagi non o semella, mentras que Sin City si.

A historia de Sin City mais ou menos xa saberedes de que vai, que lle fixeron unha película. Usagi Yojimbo é a historia dun samurai ronin que vai sen dirección por Xapón. As persoaxes son animais (o protagonista é un coello) pero as historias non son para nenos, ten un debuxo moi bonito e un guión estupendo no que alternan episodios soltos con tramas que se alongan por varios números. Ó mesmo tempo que é unha historia de aventuras, tamén coñeceremos detalles da sociedade do Xapón do século XVII

Stan Sakai debuxa Sin CityFrank Miller debuxa Usagi Yojimbo

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp