Hoxe quedei ca besbellinha á tarde.
Pedinlle emprestada a terceira tempada de 24. Para os que non o saiban, a miña muller e mais eu somos adictos a ista serie (bastante da culpa é de Turuto).
Contaba con que trouxera os dous DVD de rigor que ocupa a serie en Divx, mais sorpresa...
Ainda hai vida fora do P2P: tiña os DVD orixinais, MERCADOS NUNHA TENDA, vivir para ver.
Grazas, Besbe e tamén ó teu mozo, que seica ten parte na propiedade.
Porén, a maior sorpresa do día deuma Voloi (que nunca contara aquí que foi o que me alcumou Ghanito por vez primeira), segúndo me dixo hoxe por teléfono, vai comezar cun traballo en Santiago que lle apetece moito. Pois nada, parabéns e moita sorte, meu.
chuzame -
















