O domingo 30 de xullo foi o día, quixen contar antes isto pero a Blogaliza caeu :( . Avisei ó Goretoxo onte e agora xa vai.
Xa fixeron unha chea de crónicas do día, ainda así aqui queda o meu breve repaso.

Xuntámonos unha chea deles no San Clodio:
dorfun, ascarida, mourullo, snob, xornalistiña, fer, oko, o’xirarei, arduina, acedre, leco (e a súa parella), muralla (e a súa parella), goretoxo (ca súa parella e o seu fillo), ictioscopio, marcus, jan, calidonia, modesto, opaco, emereci, besbellinha, pawley con fredy fevereiro, ifrit (pasou por alí) e chegaron á sobremesa postscriptum, aranha e aluguer. Unha chea de periodistas, pero ainda non son maioría.

sanclodio.JPG Despois das sobremesas entregáronse os presentes do amigo inblogsibel e eu tiven sorte, porque me tocou o mellor:

presenteinblogsibel.jpg Grazas

Despois marchamos para Bonaval, pero ainda tivemos tempo de enviar exploradores que trouxeran ouro negro (LK) e facer polo camiño unha performance.

pel.jpgpelexa.jpg

Xa no Bonaval pasamos a tarde conversando e rindo. Igual que dixen xa do martes, fedellando sen 15 segundos polo medio. Pero ademais tiñamos de fondo a moi fermosa música que tocou Fredy (o amigo brasileiro de Pawley) que desvelou o seu talento como cantante e guitarrista interpretando unha chea de temas brasileiros.

fredy.jpg

Mesmo hobo tempo para xogar con Dario antes de que caira co sono.

Daniel.jpg

O que non houbo foi un mísero wi-fi que coller prestado para poñer algo nos blogues…

dorfun.jpg

Segun chegaba a tarde á fin a xente foi marchando, pero pouco antes de marchar chegaron María e Berto.

Remataría a noite para min, despois de tomar un kebab, nunha terraza tomando unhas cervexas (eu un auga, que o coche non perdoa). Momento de confesión de parafilias televisivas. Nunca pensei que algunha xente vira Salsa Rosa (o tomate está desculpado ca sua mala ostia habitual :D ) Afortunadamente ninguén era seguidor de Donde estás corazón. E xa falara aquí do que penso do programa de Pocholo.

noite1.jpgnoite2.jpg

A iso das 12 aluguer conducíunos a Pawley e a min ó coche e marchamos para A Coruña. (falando de cine asiático pero co maleteiro cheo de cromos do Señor dos aneis que trouxera Acedre

As fotos da xantanza están nestas ligazóns, pero xa sabedes que só poden velas os que teñan contrasinal patra o acceso. Síntoo.

Rematei isto nun ciber, cunha pantalla de 800×600 e se acadar que as fotos sairan mais grandes. É o que hai.

Chuzame! A Facebook A Twitter