Hoxe fun dar un pequeno paseo ca miña muller até a casa dos peixes para ver unha exposición que había alí sobre o mar na banda deseñada, había un día moi soleado.
Mentras a miña muller e a súa irmá falaban, eu escoitaba o Extrarradio. Cando chegou o espazo adicado ó A polo ghit abriron teléfonos para regalar camisetas.
Estábamos nese intre xa en Riazor, tomei nota do número e chamei.
En realidade tomei mal o número e chamei a varios números mal até que o repetiron e chamei ben. Tras un par de intentos ca liña ocupada, fun quen de que me colleran e…
¿Radio Galega?
Identifiqueime como Ghanito, din o meu teléfono e cando me preguntaron de onde chamaba… Estando en Riazor confesei que chamaba desde A Coruña, e tampouco iba romperlles a cabeza con que son de Vigo. Isto recórdame un vello que foi a un programa destes do serán e montou unha liorta cando lle preguntaron de onde viña (¿De donde vengo o de donde soy?, porque si me pregunta de donde vengo…)
O caso foi que despois de apoiar a Projecto Mourente vanme mandar unha camiseta á casa.
Xa se me reclamou no fedello foto, e tamén nos comentarios do blogue. Unha foto coma esta, portando a devandita camiseta.
Haberá que facela así que chegue. Ainda que xa sabedes que eu teño a localización real da imaxe do Apologhit á miña disposición cando queira.
Ollade para aquí.

…vaia pois eu estaba a escoitar o programa… e nin me enterei! …apampado estou… pero tes que lucila… xa sabes!
Said by dorfun 20 Agosto, 2006 at about 10:40 p.m.
tes unha foto moi bonita pra facer as túas propias camisetas , e regalalas a os habituais do blog .
Said by semita 21 Agosto, 2006 at about 11:15 a.m.
Onde foi tirada esa foto ?
Said by paideleo 21 Agosto, 2006 at about 12:55 p.m.
Xunto ós percebes da costa do Rosal, non sí, Ghanito??
Said by Anxo D 22 Agosto, 2006 at about 4:10 p.m.
[...] Xa contara no seu día que chamara ó Extrarradio, e xa chegou. [...]
Pingback by Apocalipse do porco » Chegou a Camiseta 29 Agosto, 2006 at about 7:01 p.m.
[...] Hoxe, por terceira vez, chamei ó Extrarradio para gañar algo. [...]
Pingback by Apocalipse do porco » Eclectia 13 Xaneiro, 2007 at about 3:35 p.m.