Onte pasamos o día en Viñetas desde o Atlántico.

Despois dunha fugaz visita ó Theremin baixei con Almu e Alberto para facer cola e que nos asinaran os autores.

Eu desde o primeiro intre xa sabía que o que mais me interesaba era Manu Larcenet, Xa desbotei desde o inicio ir á cola de Bruce Timm porque gústame, pero tampuco tanto, e xa sabía que sería o mais demandado. Púxeme na cola de Guy Delisle para que me asinara o Pyongyang, que só tiña un rapaz diante.

delisle.jpg
Despois púxeme na de Brent Anderson, pero estaba a facer os debuxos moi traballados e saín da cola porque me avisaron de que non ía chegar debuxando até onde eu estaba, e despois só os asinaría. (fixen ben, porque o que estaba diante miña non chegou ós debuxos)
Fun entón a que Jessica Abel me adicara La Perdida

JessicaAbel.jpg

e Fermín Solis El año que vimos nevar (ten un blogue)
ferminsolis.JPG

Despois púxeme a agardar por Manu Larcenet. (que tamén ten blogue)
Estiven todo o tempo na sala onde estaba Larcenet, pero me avisaran de que tiña decidido debuxarlle a todos os que estiveran agardando ás dúas, por iso o deixei pasar até a fin, porén estive bastante pendente do espectáculo que daba.

Manuespido.jpg

Debuxoulle a todo o mundo o que lle puxo por diante, algún mesmo marchou con seis álbumes adicados, fíxose fotos con nenos e maiores, sempre cunha pose simpática. Demostrou os seus coñecementos de castelán recén adquiridos: ostia puta, cabrón, etc. Mesmo lle dixo a alguén que estaba a falar polo móbil: «dille…yo quiero poros» (o erre dobre resistíaselle, coma ocorre sempre cos franceses) Daba a impresión de que o estaba a pasar ben, e fixo que os que estaban alí desfrutaran con el.

Quedábamos catro sen debuxo cando xa non puido seguir asinando no Kiosko Alfonso e marchamos ó Copacabana, unha cafetería alí ó lado. Foi moi riquiño.
manucopacabana.JPG

Antes gustábame a súa obra, agora xa son fan.

Á tarde, despois de facer unha xantanza-lixo e esquecer que viñan Aser e Irene (síntoo) dimos unha volta polas exposicións e as casetas para mercar algo. A miña cuñada estase a meter no vicio que mercou varias cousas.

Foi o momento para que asinaran os autores galegos, David Rubin, Kiko Dasilva e Miguel Robledo.

KikoMiguelTuruto.JPG

E pouco mais, ceamos no Mamá Manuela, onde tivemos que agardar mais dunha hora que chegaran Aser, Irene e María que quedaron atascados co coche.

Non fomos á festa cosplay que fixeron no soto de Alita, ainda que estaba preto da casa. Non tiñamos que poñer e ainda non temos o doutoramento en frikismo.

Hoxe, se cadra, iremos á casa dos peixes a ver a exposición que ainda non vin.

Chuzame! A Facebook A Twitter