…Iso é impulso.
E impulso foi o que me levou onte a mercar «El año que vimos nevar» de Fermín Solís.

Fixen as cousas ó revés (varias veces na mañá, como xa irei contando) primeiro adicáronme o libro, recén mercado, sen ainda ter visto nin a primeira páxina.
Eva díxome mais ou menos como era o conto e arrisqueime.
Desta volta acertei, as historias de Martín Mostaza son pingas que van caíndo, soltas, sen un fío que lles dea continuidade, agas a billa da que están caindo, a memoria de Fermín Solís, que é un pouco coma a dos nenos que tiñamos unha idade similar á súa.
Non son só imaxes, son cancións, xoguetes, xogos… mesmo a volta ciclista da primeira historia. Lembro que na miña escola tampouco tiveramos clase a tarde na que a Volta a España chegara a Vigo. E non rematan aí as coincidencias…
Recomendable para os nostálxicos nados nos anos 70, ou para os non nostálxicos.
O debuxo que poño aquí non estará na vosa edición, pero xa o vedes na miña.
Perdón polo off-topic, pero esiximos foto coa camisola do «Apologhit»
Said by Martin Pawley 20 Agosto, 2006 at about 9:39 p.m.
[...] Se sodes da miña xeración e gústanvos estes exercicios cun chisco de saudade, podo lembrarvos un ano despois o libro de Fermín Solís El año que vimos nevar que fai parte tamén da miña colección de libros adicados. Atoparedes alí vivencias comúns coma a da volta ciclista. Non sei se os nenos que vexan en Vigo a volta esta semana o lembrarán con tanto cariño coma o facemos nós, que daquela suspenderan as aulas para poder vela! [...]
Pingback by Apocalipse do porco » a memoria e o pracer das lembranzas 30 Agosto, 2007 at about 7:02 p.m.