Hoxe fun dar un pequeno paseo ca miña muller até a casa dos peixes para ver unha exposición que había alí sobre o mar na banda deseñada, había un día moi soleado.
Mentras a miña muller e a súa irmá falaban, eu escoitaba o Extrarradio. Cando chegou o espazo adicado ó A polo ghit abriron teléfonos para regalar camisetas.
Estábamos nese intre xa en Riazor, tomei nota do número e chamei.
En realidade tomei mal o número e chamei a varios números mal até que o repetiron e chamei ben. Tras un par de intentos ca liña ocupada, fun quen de que me colleran e…
¿Radio Galega?
Identifiqueime como Ghanito, din o meu teléfono e cando me preguntaron de onde chamaba… Estando en Riazor confesei que chamaba desde A Coruña, e tampouco iba romperlles a cabeza con que son de Vigo. Isto recórdame un vello que foi a un programa destes do serán e montou unha liorta cando lle preguntaron de onde viña (¿De donde vengo o de donde soy?, porque si me pregunta de donde vengo…)
O caso foi que despois de apoiar a Projecto Mourente vanme mandar unha camiseta á casa.
Xa se me reclamou no fedello foto, e tamén nos comentarios do blogue. Unha foto coma esta, portando a devandita camiseta.
Haberá que facela así que chegue. Ainda que xa sabedes que eu teño a localización real da imaxe do Apologhit á miña disposición cando queira.
Ollade para aquí.
