Algunha cabeciña das que circulan polo Chuza! tivo a idea de dar un premio a todos eses videos que alegran a nosa existencia desde a rede.

O nome mestura o premio moito mais serio que van dar no cineuropa en lembranza de Chano Piñeiro co nome dese xenial programa da TV.

Se queredes contribuir podedes editar a páxina da wiki de Chuza deixando alí a vosa aportación. Ou simplemente pasar por alí para ver o que o resto deixe.

A idea é nova de todo, nin imaxe para poñer hai.

Chuzame! chuzame -

Despois de dous meses de que me agasallara un amigo inblogsibel un deseño para a cabeceira do blogue xa está posto. Antes de sacalo do marco para escanealo xa sabía quen o fixera, o estilo era recoñecible e as opcións eran moi poucas. Ademais, cando o desmontei viña asinado polo autor. Que é este...HDA.jpg

Onte recordoume que non o tiña posto (non fixo ese aceno ca man, por sorte) e expliqueille que tiña que axustar as cores do blogue ó debuxo e que me daba moita preguiza.

Así que foi el o que axustou as cores do deseño para que se axustara as cores do blogue.

Feito. O porco xa ten o seu apocalipse ante os que vexan o blogue.

Chuzame! chuzame -

Igual que facían os faraóns, Fraga, (D.Manuel I de Galicia) quixo facer un mausoleo á súa medida. Que se vexa no GoogleMaps igual que as pirámides.
proxecto

A verdade é que a maqueta é moi bonita e ademais barata, porque ¿que puido custar facela en madeira?

O de levantar un monte, meter unha chea de edificios e que semelle un monte outra vez ten a súa coña coma idea, o problema é pagalo.

D. Manuel ten unha visión que vai alén do que nos podemos ver. Nós, pobres mortais, só vemos que empobrece ó pais a curto e medio prazo. El ve que a historia o recordará como ós grandes gobernantes. Dentro de trescentos anos os turistas falarán do seu xenio creador. É un incomprendido.

O bonita que vai quedar a súa pirámide, e igual de útil para nos que as pirámides para os exipcios que as fixeron. Que xenio este Fraga.

O mellor de todo, é que se o criticas desde Vigo ou A Coruña din que és un localista, que o dis porque se fixo en Compostela. Claro, como en Compostela non había nada que ver para os turistas había que aterrar alí nin se sabe cantos cartos.

Pois nada, seguide metendo cartos, que sobran.

Chuzame! chuzame -

Xa todo está dito sobre o alcalde de Ortigueira, o señor Antonio Campo.

Cando onte vin no YouTube o video do alcalde de Ortigueira con Pocholo non sabía quen viña sendo o fulano, o mesmo que hoxe, cando vin a nova na Opinión.

Eu pensaba que o alcalde enriquecerase cos cartos dos veciños. Que chegara espido ó concello e marcharía forrado. Xa é o costume de tanto como hai. Por iso, o de sacar o feixe de cartos coma se fora un narco parecíame unha obscenidade.

Xa sabendo que "ten cartos de familia" cambia o conto. Segue parecéndome lamentable que un alcalde vaia exercendo de hortera polo mundo adiante, deixando á súa vila ó nivel do esterco, e non sei como lle poden votar o ano que ven. Pero se quere ser un hortera tanto me ten.

Síntoo polos veciños de Ortigueira, moita vergoña deben pasar con ese alcalde.

El, que desfrute dos seus cartos. Si eu tivera os mesmos abofé que non faría o mesmo, faría outras parvadas, pero as miñas. E fachendear con Pocholo en Ibiza baixo o efecto da droga non está dentro das miñas expectativas.(non sei se moitas ou poucas drogas, pero cando menos iba bebendo.)(isto é un disclaimer, non quero que me peche o blogue un xuiz)

Teño que poñer o video, porque se cadra alguén ainda non o víu. Para ese rara avis, ahí vai...

Chuzame! chuzame -

LP.jpg

Parece que teño uns días nostálxicos, será que chega o outono.
Deume en pensar estes días na forma de escoitar a música e mais que iso, na forma de vivir a música como experiencia.

Pensaba na miña colección de CD que estan a criar pó e que hoxe a música voltou á súa incorporeidade natural. Isto non é malo, e mesmo no Reino Unido, até a chegada dos Beatles vendíanse mais partituras que discos.

A música, a consecuencia da rede volve a venderse (a diferentes escalas según o circuito) en directo, nos concertos. Os pequenos facendo mais concertos grazas á difusión da súa música na rede, e os grandes en macroxiras de gran rendibilidade económica.

Pero non era de todo isto do que quería falar.

Cando eu merquei os meus primeiros discos, chegaba á casa con eles e os escoitaba varias veces seguidas, lía os cartafoles enteiros e disfrutaba poñéndoo no prato, colocando a agulla.

Antes diso, cando ainda era pequeno para mercar discos, lembro a sensación cando á fin me deixaron poñer discos.

changes1.jpg

Por sorte a selección que había na casa era boa, moito Bowie, Blondie, Talking Heads, Level 42, Jean Michel Jarre, Golpes Bajos, e moitos outros (non todos bos, probablemente).

stopmaking.jpg

Todo iso perdeuse. En troques gañouse en variedade, pero aquela máxia perdeuse, e non me comparedes descarregar unha canción ó mobil (e non porque sexa de La Oreja de Van Gogh ou de David Bisbal) non ten, nin de lonxe a mesma graza. Porque a xente facía colección de LP e as mais das veces tiñalles un gran aprezo. A un .wav ou un .mp3 non lle vas coller o mesmo cariño, como moito farás un backup para non perdelos.
spin-it-again.jpg

Para que non me chamen antigo, recoñezo que a calidade da música para levar pola rua gañou moitísimo. Esa é a vantaxe do son dixital, e non é o único, pero non estou a falar de técnica, senon de sensacións.

Chuzame! chuzame -

Anita

Onte a miña muller díxome: Podíamos ver a nova serie de Ana Obregón e botar unhas risas que oín comentar que é de coña o ridículo que fai. Seica saíu en roupa interior unha chea de veces.

Avanzo para o que lee isto que non tiven a sorte de ver nin un só episodio de Ana y los siete, fragmentos como moito de dous ou tres minutos, así que non podo comparar entre estas dúas obras de arte.

Pásalle a Ana Obregón como a estes galáns maduritos (e non ó xeito do fedello, maduritos xa cos seus anos) que seguen ligando nas películas con rapazas de vinte anos menos (ou trinta noutros casos) Ana vive na súa permanente xuventude que lle permite pasear con pouca roupa (non espida, que é unha serie familiar) e ligando con homes novos.
Peor ainda é o argumento de Ellas y el sexo débil, que non hai quen o poida creer. Chistes malos, situacións absurdas e sen gracia. Ainda que si que ten gracia o de Ana Obregón de presidenta do Goberno de España.
Podemos dicir desta serie o que Groucho dicía da televisión: Esta serie fomenta moito a cultura, cando alguén a pon eu marcho a ler. Foi o que fixen onte, non aguantei o episodio enteiro.

Non deixedes de seguir a ligazón que vos puxen á paxina oficial de Ana Obregón, ten mais fotos de tan bo gusto coma esta.

¿Photoshop? Opinen vostedes.

Chuzame! chuzame -