Os bancos son o Demo. A esencia da maldade fíxose Sociedade Anónima e naceron os bancos, a maldade destilada.
En España os bancos ocupan, na imaxinación da xente, o mesmo espazo que nos EUA ocupan os avogados. Só lles falta que a xente faga contos con eles.
Lugar común entre a xente é, por exemplo, pensar que sube a hipoteca e non a poden pagar por culpa do seu banco. Non se lle ocorre pensar que cando mercou a súa casa hai dous ou tres anos o prezo dos cartos estaba moi baixo e non botou as contas que debía antes de meterse nese piso.
Se o banco non lles dera o 100% do prezo do piso non o poderían pagar, nin eles nin a maioría. Pode que con iso se freara a suba do prezo dos pisos, que chegou a cantidades incribles hai só dez anos.
A miña teoría e:
1.- A rebaixa das tasas de xuro comérona os promotores e os propietarios do solo.
2.- Se non lle deran tantas facilidadesós compradores nos bancos (financiando o 100% ou mais do prezo) para acceder a vivendas caras, acabarían mercando pero a un prezo menor, xa que a suba sería menor.
A precariedade laboral esta na orixe da incapacidade de aforrar da xente nova (iso, e o modelo consumista da nosa sociedade) pero mercar un piso non é un dereito constitucional. A vivenda pode ser de aluguer se non tes cartos para mercala (ou non a queres mercar, abofé)
Polo camiño que levamos, a economía, co seu crecemento baseado na construcción, vai levar un pau importante, e cando a xente non teña cartos para pagar a súa hipoteca, ademais recortará o resto dos gastos, co que tamén baixará o consumo.
E de meterse nesa hipoteca que se meteu a xente...¿Teñenlle a culpa os bancos? Pois toda non, ¿ou a xente pensou que os xuros ían estar sempre regalados?
Agardo as vosas alporizadas respostas. E deixovos a imaxe dunha muller que non ten problema para chegar á fin de mes.

chuzame - 

los bancos no tienen la culpa de los intereses. vale.
pero y de las comisiones??? si al final de cuentas los clientes les dejamos nuestro dinero para que le saquen negocio… van y nos cobran por usarlo ellos, y ademas de cobrarnos por eso, nos cobran por sacarlo tambien de los cajeros????
si yo tengo una 4b es para poder sacarlo en cualquier cajero 4b, por ejemplo
y las comisiones de mantenimiento???? es que tienen un fulano que mantiene mi dinero??? si mi dinero es un numero en el disco duro de un ordenador!!! disco duro que seguro que no paga el canon de la sgae
he dicho
Said por turuto 7 Setembro, 2006 at about 11:17 pm
Nin esta muller nin o seu pai creo que teñan problemas para chegar a fin de mes. Pero a culpa tamén a temos nós. En lugar de querer traballar na empresa privada ou criar o nos propio negocio, en lugar de apreciar o risco da vida e vivir de aluguer e cambiar de cidade, ¿que facemos?: opositar e pagar unha hipoteca.
Said por mendinho 7 Setembro, 2006 at about 11:38 pm
Turuto o das comisións é cuestión de negocialo, xa hai entidades que non cobran ningún tipo de comisión.
Paréceme moi interesante este post, que foi antes o ovo ou a galiña?
Os xuros soben, xa hai anos que se anuncia que o seu prezo normal debería andar polo 4%, non se trata de poñerse a un 20% como nos tempos de miña nai, pero tampouco a un 2%.
Os bancos teñen responsabilidade se medra o seu índice de impagos por deixarlle á xente máis cartos dos que pode devolver mes a mes, nese sentido, un cliente que cae en impago é un mal investimento do banco. Pero máis responsabilidade temos os consumidores, deixar un 100% ou en ocasións porcentaxes aínda maiores é estar pedindo o impago. Se unha persoa non dá aforrado nada para mercar unha vivenda como se pretende que logo aforre para pagar a hipoteta desa vivenda?
Comentábame o outro día un construtor que antes poñían os pisos á venda cando comezaba a obra e os ían vendendo lentamente ao longo do período de construción, que agora en canto poñen un caseto para os obreiros xa aparecen persoas preguntando que cando se poñen á venda os pisos, é máis, que só pensan vender un terzo agora ao comezo para poder subirlles uns millóns a cada un dos outros pisos mentres constrúen. Agora xa se asumiu que en xaneiro, xuño e setembro en en moitas das obras soben os prezos deben ser as operacións nadal, vacacións e volta ao cole dos novos construtores.
Un saúdo, perdón pola lonxitude pero estou moi sensibilizada co tema
PD: Concordo completamente coa análise do Mendinho.
Said por X 8 Setembro, 2006 at about 9:26 am
Uuuuh!! A verdade é que tedes todos razón, pero cada caso é distinto. O das hipotecas e o dos traballos é como apostar. Según a qué oposites, según cando merques a vivenda ou según ónde a merques e residas, este tema pode esvararche ou preocuparche.
Eu, polo de agora…non opino.
Said por Anxo D 8 Setembro, 2006 at about 2:57 pm
Por certo, Ghanito, estás a sacar unhas fotos últimamente… Vaites cos personaxes. E ben grande ou!
Said por Anxo D 8 Setembro, 2006 at about 3:01 pm
A porcentaxe de financiación non influe no risco de impago, só disminúe a garantía que supón o ben hipotecado.
O que falades referido á especulación é unha consecuencia, ó mesmo tempo que un agravante da inflación inmobiliaria.
Said por ghanito 8 Setembro, 2006 at about 4:14 pm
O estado alentou ós españolitos no tempo de paquito de Ferrol a ser propietarios como metodo de control do obreiro , preso das debedas , que debía pensalo duas veces antes de reclamar ós seus derereitos baixo pena de non poder pagar a súa vivenda , pola perda do emprego. isto trasladase ate os nosos tempos , a xente prefire mercar unha vivenda que buscar unha vivenda de aluguer , que é o lóxico nunha europa , que busca fomentar a movilidade dos cidadans . non hai vivendas de alquiler porque ós que construen e que manexan o poder de unha maneira o outra . Os bancos e caixas de aforros cando prestan os cartos o que pretenden é recuperalos e cobrar os intereses , e os que firmamos os creditos podemos elexir se o tipo é fixo ou variable . Do que eles teñen a culpa é de nun prestamo HIPOTECARIO que debería ser pra a financiación da compra da vivenda , deixen os cartos para o 100 % da vivenda + os gastos de notario ,escrituras , etc…+ a compra do BMW do trinque que todolos queren ter (ou case que todos).
Said por semita 9 Setembro, 2006 at about 12:24 am
Que contento estou vivindo de aluguer.!!!
e que dicides de ter que pagar, parte dun piso de protección oficial, en NEGRO?…
Said por Voloi 10 Setembro, 2006 at about 8:35 pm