Unha das tendencias presentes arestora na rede é a aparición de redes sociais. Redes que poden agromar ó redor de calquera tipo de contido: Orkut, flickr, myspace,…
Na rede galega ten moita sona a rede de blogueiros que ten como ligazón a páxina da Blogaliza, que agora, como xa saben os mais dos que len este blogue, tamén da hospedaxe, sen buscar outro exemplo, a este mesmo blogue.

Mais recentemente, pero con moita forza e compartindo moitos dos seus membros co blogomillo, naceu o Chuza!, do que xa teño falado aquí, da man de Berto. E ó redor, co seu núcleo no fedello, agromou unha comunidade, que medra pouco a pouco.

Na súa wiki, que serve o mesmo para colgar obras de Chuzarte, convocar eventos culturais, frikis ou gastronómicos, que para dar normas de chuzaetiqueta, pódese atopar a páxina de varios usuarios do Chuza!, moitos dos mais activos e residentes (a tempo parcial ou completo) no fedello.

Aquí deixo un anaco da miña.

perfil.jpg

Si, vou ter que crear o tag endogamia.

Chuzame! A Facebook A Twitter