
Hai case seis meses que Turuto recomendara esta serie en Hidrocube.
Até hoxe non vira o primeiro capítulo, e gustoume, lembrame algo a os novos, polo de ter uns protagonistas inadaptados, ainda que estes aparecen no seu traballo.

Confeso que desde o momento que apareceu Roy (o da foto) cunha camiseta que puña RTFM, e o soniquete co que collen o teléfono, xa me fixo sorrir.
Neste blogue tendes ligazóns para a descarga se vos interesa. (VO subtitulada en castelán)
chuzame - 
Hai un intre rematei a lectura da terceira entrega de "les combats ordinaires" de Manu Larcenet.
Como xa comentou outra xente antes ca min, está moi ben.
Ainda que xa me gustara a serie desde o primeiro número a evolución é moi boa, vai dándolle corda á historia sen ter presa en que ocorran as cousas, ós poucos as persoaxes van collendo corpo.
É unha putada que ainda non saira o cuarto número en Francia, porque despois ainda teño que agardar pola traducción ó castelán. E por certo, en Francia custa 13€ polo que din e aquí 18€, a xente de Norma... E despois dirán que se vende pouca banda deseñada.
chuzame - ¿Que terán en común Batasuna e as pesetas?
O mellor a ilegalizada Batasuna e as antigas pesetas.
Estou cheo xa da estupidez esta
Nomeadamente no caso das pesetas, dicindo iso semella que hai novas e vellas pesetas.
O de Batasuna, é un xeito de asociar no espectador o feito da ilicitude á agrupación política que (é verdade) agora mesmo está ilegalizada, pero o mesmo que:
Circulaba á ilegal velocidade de 180 Km/h.
Os ilegales atracadores levaron 10.000€ (mais dun millón e medio das antigas pesetas)
O ilegal golpe de Estado fíxose co poder.
Seguro que si o escoitásedes mil veces acabaríades empregando esas combinacións de verbas.
Seguro que lembrades mais exemplos coma estes dous, no xornallismo deportivo é tamén un costume.
chuzame -