Onte, o amigo Pawley, (que xa as vai buscando tamén) tivo a desagradable ocasión de ver na Galega o programa Antes do silencio.

Laiábase Pawley de que a canle pública galega fixera un programa imitando ó moi discutible programa de Iker Jiménez, cuarto milenio, e acababa dicindo que para o que viu onte, mellor era que puxeran porno, que faría menos dano á saude mental do país.

Collendo a reflexión onde a deixa Pawley direi que sería interesante que a Galega emitira algunha película pornográfica.

Xa sei que algún estará totalmente en desacordo comigo, e que a imaxe que da sexualidade dan as películas pornográficas non é a que unha televisión pública debe promover.

¿Pero cal é a finalidade ca que se criou a CRTVG?

Non, xa sei que en realidade foi unha ferramenta do poder político para chegar á poboación ca súa mensaxe propagandista, eu refírome á finalidade declarada da galega.

A finalidade básica da televisión e a radio públicas de Galicia é contribuir á difusión e normalización social do uso da língua galega. Non sei agora se está posto por escrito na súa lei reguladora (o supoño) pero se non está debería.

Fixo mais Shin Chan (que por certo, tivo mais sona aqui que no Xapón) polo galego nas escolas (e antes as tartarugas mutantes ou Son Goku) que calquera campaña que a Consellaría de educación poida artellar.

E, do mesmo xeito, o cine pornográfico podería contribuir á normalización dunha linguaxe sexual en galego.

Non me valen os argumentos morais fronte o cine pornográfico, pero acepto obxeccións de tipo ético para que un ente público colabore no seu espallamento. Ainda así, sabendo que internet is for porn, e que o que queira acceder ós contidos pornográficos vaino ter doado (mesmo os nenos) ¿que inconvinte serio hai á proxección en horario moi avanzado na noite de este xénero dobrado ó galego?

Hoxe, se cadra mais ca nunca, supoño que alguén quererá dicir algo. Acepto cambiar de idea se me dan bos argumentos.

Hoxe non vou poñer fotos. O que queira que se sirva.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google