Hoxe fun, avisado por Mourullo e na súa compaña, á mesa redonda «Por unha televisión de e para os cidadáns».
mesa.png

mesa.jpg

Íamos atraidos pola presenza de Pereiro, e pagou a pena o paseo, ainda que houbo quen pode que non pensara o mesmo

soneca.jpg

O debate centrouse nun primeiro momento na televisión como servizo público, pasando polos modelos de financiamento das televisións de titularidade pública. Rollo serio. Neste momento das ponencias, o Director de Localia Televisión dixo que a televisión era un reflexo da sociedade, non sei se a súa vida terá algo que ver co Diario de Patricia. A miña ainda non. E pediu que as Tv públicas deixaran de poñer publicidade (non o dixo para que lles quedaran mais anunciantes a eles, debeu ser por outra cousa). O que se lembrou por varios ponentes foi o feito de que as televisións privadas están a dar un servizo público tamén. Son concesionarias prestando un servizo público, igual que as empresas que recollen o lixo (non, non teñen obriga de botar lixo pola televisión, ainda que o pareza)
Por certo, no medio da historia o moderador case morre, non teño imaxes do momento, estaba rindo ca narración que facía Pereiro nese intre do suceso mentres animaba ó persoal a gravalo e colgalo no YouTube.

Despois veu a coña cando se falou do futuro e botamos a lingua a pacer, que se YouTube, que se WindowsVista (gha, gha) que se o futuro da publicidade, que se o P2P, que se a TV en streaming… E mencionei ó Chuza! :P
Sentados diante de nos estaban estes dous señores:

susoiglesias.jpgpanchocasal.jpg

Por se ides preguntar, xa o digo eu: estaba o director da Galega e non lle propuxen que programaran porno, estraguei a miña mellor oportunidade. A verdade, busquei o momento e non apareceu. ;)

Ademais laiouse do que lle custara volver pasar os novos e o pouco eco que tivo, nomeadamente na rede, despois de anos de pedichóns para que o repuxeran. Se cadra non era o bo momento para iniciar a campaña pro-porno.

A verdade, a resposta na rede non foi masiva. Porén, eu lembro que no fedello se comentara a reposición ainda que non podo opinar porque a esas hora xa non estou para ver a tele, que hai que traballar.

Se cadra a explicación á falta de resposta friki débese á nova dobraxe, pois moita graza que a xente lembraba estaba na dobraxe que se fixera no seu tempo.

De volta á casa, parada técnica para tomar unhas cañas e comentar a xogada Mourullo e mais eu.

Xa cando marchabamos veu a miña muller e coñeceu a Mourullo, non era só unha fotografía no movil :P

Chuzame! A Facebook A Twitter