¿Lembrades a canción?
Fame. I’m gonna live forever, maybe remember my name.
A fama, orixinalmente, non era ser coñecido, era o que agora chamamos reputación.
Agora para ter fama, as veces o xeito mais rápido é perder a boa «reputación». Todo o mundo sabe que a fama é unha ETS, e pasar pola cama dun famoso transmite a enfermidade. Sempre que o conte á «prensa» claro.
Antes, cando alguén morría, a xente respetaba a súa memoria, a súa fama, caso de que a tivera, claro. Se eras visto en vida coma un criminal, pouco podía mellorar despois de morto, ainda que mesmo isto pasaba, por superstición ou polo que fora.
Agora, morreches, xa non podes negar o que se diga, vamos facer cartos falando de ti.
Todos coñecen o que pasou con Encarna Sánchez ou Lola Flores, pero todo é abrir camiño, e o tomate deixará a súa pegada no futuro do seu xénero.
Hai anos, a xente pensaba que ¡Que me dices! era transgresor. Agora ninguén o diría.
O peor de todo é que a programación sae da sociedade e influe nela. E neste caso, hay un feedback infernal. O público vai a peor, igual que a televisión.

Non esquezamos que a televisión é un xeito de espallar valores, e que entra na casa de todos cada día.
Así os nenos non teñen outros valores que os cartos doados e a fama sen esforzo. Lóxico.
Pero diso xa falarei outro día.







