se en xaneiro temos unha costa e pode ser dura, no nadal debemos ter unha costela, e tamén ten a súa dificultade...
Costela de porco, solombo de vitela ou peituga de capón, tamén vale un bo bacallao. Chega o nadal, precedido dos comerciais de xoguetes, as luces na rua e axiña o turrón. E, desde hai un tempo, tamén as comidas ou ceas de empresa. Primeira paparota que abre a tempada, seguindo ca de noiteboa, nadal, fin de ano e reis. Como mínimo, esas son as de obrigado cumprimento, sempre hai algún que queda a maiores cos amigos que non ve decote para pechar o ano.
Eu comezo o meu via crucis (ainda que non sexa semana santa) mañá, cunha cea de empresa en Vigo cos meus ex-compañeiros, o 15 terei outra na Coruña cos actuais compañeiros, iso a maiores das que terei ca familia (que cando un casa convírtese en familias). Non sei cantos quilos de mais levarei comigo de mais cando remate o camiño.
Ainda que podería dicir que o camiño comezou antonte, que tiven comida de empresa ou onte, no que a comida de empresa mesmo mereceu foto.

Era tan grande como semella na foto, que saía por fora dos dous lados do prato, e estaba boísimo. Póñoo a ver se me convidan o ano que ven á xantanza de blogogastrónomos ainda que dame que tería que traballar ainda mais o tema para merecer estar alí.
chuzame -
















