tropical_malady_.jpg

Onte no CGAI cumpliuse a ameaza e proxectaron Tropical Malady de Apichatpong Weerasethakul (popularmente coñecido no Blogomillo Q.E.P.D. como Agapimú)

Se a pregunta é: ¿Ghanito, gustouche a película? a resposta é: ¿Que me ía gustar, ho?

É bastante coñecida a estructura da película, que está dividida en dúas partes ben diferenciadas.

A primeira, (a doada) é unha historia de amor entre dous homes. É a parte na que un pensa que se está a enterar de algo. Mesmo hai esceas moi boas, como cando van ó templo e préganlle ó buda arrodeado dunha ristra de luces coma se fora unha árbore de nadal (das que teñen música e todo), ou a escea na fábrica de xeo (apaixoante, como cortan os bloques en barras) ainda que se cadra a mellor sexa cando lle fan a ecografía e as radiografías ó can dun dos protagonistas.

A segunda parte é mais difícil de ver. Non de entender, que non se entende nada é mais difícil de ver porque é todo o tempo na selva e hai moi pouca luz. ¡Que bonito o chamanismo e a posesión dos corpos polos espíritos dos animais! Tanto ten se son vacas ou tigres, apaixoante. As persoaxes serán vellos coñecidos seus, xa os lembrará, porque os actores son os protagonistas da primeira parte.
Se despois de ler isto vostede pensa que non entendeu a película, non supoña que vendoa vai entendela mais. Ainda que como alguén dixo ¿Que lles pasa a estes occidentais que todo o queren entender?

Seica este tipo de filmes son os mais rendibles porque frikis de todo o mundo os van ver en filmotecas e a pequena inversion (relativamente pequena) recupérase amplamente. Moito mellor que outros productos como pode ser Alatriste.

Se pedides o meu consello, ide ver Tropical Malady, pero non levedes ós vosos fillos, aforraredes moitos cartos en psiquiatra na súa adolescencia. E si, a película xustifica o seu mito de estraña. (alomenos para o meu estandar, pero eu non son un enfermo de cinefilia)

Esta foto é de Apichatpong Weerasethakul, aprendede o seu nome se queredes ligar con rapazas gafapasta.

aw.jpg

Chuzame! A Facebook A Twitter