Hoxe é 11 de novembro, San Martiño.
Estou en Ourense, cidade de tanta importancia na miña vida, e aquí é unha festa grande.
Esta data é a que simboliza a matanza, o día que a todo porco lle chega. Se non tivo a súa apocalipse antes, ese día chegaralle. Á forza.

Hoxe é festa neste blogue. San Martiño é o santo patrón.
Este blogue fai anos e ten santo (todo o que sexa gratis…)
Pois felicidades, logo. Xa podía correr un pouco de viño e convidarse a unhas fiolliñas de sangue…
Said by Manuel Rivas 11 Novembro, 2006 at about 2:24 a.m.
Uno os meus desexos a que corra o viño … quero decir a achegar os parabéns neste día tan importante para este blog e para Galiza enteira. De feito debería crearse unha comisión parlamentaria que estudase celebrar esta data de San Martiño como se merece: Festivo xa!
Said by A Randeeira 11 Novembro, 2006 at about 9:58 a.m.
Pois disfruta da festa. O patrono do meu blog quen será… ¿Robinson?
Said by náufrago 11 Novembro, 2006 at about 10:52 a.m.
Norabóa, xa tardaba en chegarche o apocalipse.
Bicos a todos/as
Said by Voloi 11 Novembro, 2006 at about 3:41 p.m.
noraboa!!!
(pero, que será agora do porco???)
Said by oko 11 Novembro, 2006 at about 4:49 p.m.
Únome ás felicitacións para o teu blog. San Martiño tamén é o patrón do meu concello, no Morrazo. Un saudiño.
Said by Boedense 12 Novembro, 2006 at about 9:29 p.m.
Bonito retrato
Said by engalego 13 Novembro, 2006 at about 6:00 p.m.
Oes, eses porcos que tes no Blogue, despois de mortos, qué vas a facer con tanto xamón?? Parabéns, pois, nese día da apocalipse e para todo-los apocalípticos.
Said by Anxo D. 13 Novembro, 2006 at about 7:58 p.m.
[...] Parabéns a porcos e porcas, este é o voso ano. Ainda que para moitos rematará cando chegue o mes de santos. [...]
Pingback by Apocalipse do porco » Ano do porco 19 Febreiro, 2007 at about 6:00 p.m.