Supostamente o home é homo políticus.

Porén, arestora, os políticos profesionais pertencen a outra especie, o canis politicus.

Non aturo mais a liorta cotiá que montan as xentes do PP e do PSOE co gallo do terrorismo, os estatutos, a nación e calquera outra cousa que se lles poña por diante.

Suponse que os políticos son unha xente escollida (entre outras cousas) para chegar a acordos e gobernar, non para andar berrando coma se estiveran rifando nun bar.

Se queren estar así que marchen para casa e deixen o sitio a outros (e seu salario tamén, claro), penso que os cidadáns xa están cansos, mesmo a xente que antes seguía a política vai cansando do seu espectáculo, desta política feita para sair dez segundos no telexornal, sen mensaxes alén da descalificación, e sempre simplificada ó máximo.

Eu persoalmente estou canso. As cousas das que falan non son do meu interese.

A fame no mundo, o cambio climático, o problema global do auga, a contaminación, o esgotamento dos combustibles fosiles, problemas todos eles conectados. Ou noutra liña, o prezo da vivenda, o efecto da globalización sobre as condicións laborais. E outros problemas do estilo.
Non digo que o arranxen, ainda que sexa o seu traballo se queren estar aí. Digo que , cando menos poñan estas cousas, que teñen importancia real, no seu debate.

E se fan favor, deixen de tocar os collóns con tanta gilipollez.

Grazas.

Chuzame! chúzame -