Apocalipse do porco vaise presentar ó concurso de blogues do xornal 20 minutos. Fareino na categoría de mellor blogue en lingua constitucional distinta do castelán.

Teño a certeza de que non vou gañar.
Non é unha cuestión de modestia, é coñecemento. Leo algúns blogues en galego e só os meus coñecidos ou alguén subvencionado podería dicir que o meu está ó nivel por exemplo da finada da VA.CA. ou de Dias estranhos, por citar ós finalistas do ano pasado.
Xa dixen no seu día que se Bola Extra presentara a súa candidatura podería contar co meu voto. Por desgraza agora mesmo está en letargo. Agardo que só sexa iso e que non estea mais morto co Blogomillo.
Non vou citar todos os que votaría se se presentaran porque non quero parecer pelota pero seguramente dos que leo decote mais de un paréceme boísimo.
Repito que non é falsa modestia o que digo, polo que non é preciso que os amigos me suban o ego nos comentarios dicindo que este é un blogue bo.
¿Entón porqué presento o blogue ó concurso?
Por tres motivos:
Primeiro e fundamental: É GRATIS. Do que sexa gratis, se che presta, non te prives.
Segundo: porque contra o que se dixo no Chuza! non lle estou dando unha ligazón mais a eles, eles estanme dando unha ligazón a min. Malo será que non haxa alguén que entre aquí e atope algo que lle guste. (os que veñen na percura de Porno na Galega non veñen dúas veces)
e Terceiro: non sempre gañan os mellores, podería gañar algún que non fora tan bo
Hai unhas votacións, pero o gañador o escolle o xurado, así que o reparto de xamóns polo nadal será para eles e non para vos.
Por se non atopades a ligazón ós premios ou o xornal, avísovos de que non a puxen.
chúzame - 

Dos millores, xa cho digho eu. Sorte, tamén ós demáis do Blogomillo que proben desta aventura globalizadora.
Said por AnxoD 21 novembro, 2006 at about 4:45 pm
[...] Non tiña pensado poñer unha ligazón ó concurso, porén hoxe entrei e non tiña ningún voto e sentín un pouco de vergoña. [...]
Aviso (Pingback) por Apocalipse do porco » Ligazón ós 20 minutos 9 xaneiro, 2007 at about 11:54 pm