Seica a rede en Galicia está poboada maiormente por homes e nomeadamente o Blogomillo, ainda que non teño datos certos, porque non son tan fan das estatísticas. Estou certo que Calidonia terá algún dato do tema.

Pero ainda así, ou se cadra por iso, hai figuras femininas de gran influencia. As musas do Blogomillo.

Polo que eu vexo, e ainda que haxa outros casos aillados, hai bastante aprezo por Yolanda Castaño e por Belén Regueira.


O caso de Ana Kiro é mais de agarimo que de paixón.


Yolanda Castaño, é seguida decote no programa cifras e letras da TVG e (bastante menos) na súa obra coma poeta.

Belén Regueira sae ó ar cada fin de semana desde a RG no Extrarradio pero é lembrada por moitos do seu paso pola TVG, primeiro en Chambo e despois nos servizos informativos.

¿Cal delas ten mais seguedores? Penso que YC, que mesmo participara no concurso de famosos supervivientes que Bola Extra organizara nas illas Cíes. Sair pola fiestra da TVG da moita presenza mediática.

Ainda así eu aposto mais por BR, ainda que non teña presenza na rede como si ten YC. Incluso no Google aparecen moitas mais fotos dela. De BR hai algunha boa pero agochada nun blogue.

A gran oportunidade para BR de chegar ós corazóns da rapazada pasou cando puxeron a gala do A polo ghit ás nin se sabe cantas da mañá un xoves (neste país ninguén traballa).

Para compensar, o Regueifeiro, facendo unha obra social (como se fora unha Caixa de aforros) puxo partes do programa no seu blogue.(1, 2, 3, 4) (entereime no Vieiros, via Chuza)
Desde Apocalipse do Porco aposto cláramente por BR como musa do Blogomillo.

Do blogomillo, ollo, que deste blogue é a señora Colombo, que para iso me atura.

Das mulleres do blogomillo xa falaremos outro día que hainas, e os seus blogues son do melloriño que hai.

Chuzame! chúzame -