Hoxe é o día mundial da televisión.
Entereime tarde e non puiden facer a coña deixando de recibir a miña dose diaria. Xa vin as noticias das sete da mañá mentras almorzaba.
¿Alguén botou a conta dos días mundiais que hai? ¡Son mais de cen!
Aquí tendes a lista completa.

Ten moita coña que habendo 365 días para escoller, moitas das datas sexan coincidintes.
Hoxe, ademais do día da televisión, (curiosamente entereime lendo o xornal) tamén é o día da espiña bífida, do ictus e da filosofía.
Eu sempre fun moito de celebrar o 20 de marzo, que non é día internacional de nada, pero é o día no que fago anos e tamén o dia no que casei. Propoño que sexa declarado día mundial do ocio e así pase a ser non laborable.
Tamén que supriman días adicados ó medio ambiente, que concentren esforzos, que total, vanlle facer o mesmo caso... Meteoroloxía, capa de ozono, auga, diversidade biolóxica, seguro que teñen un lobby moi potente influindo. Non vin ningún día adicado ás pobres multinacionais.
Supoño que o do 2 e o 7 de maio será un erro, a ver porqué os asmáticos vamos ser mais que o resto de doentes, ainda que igual que no santoral hai o día de santos, aquí o doente que no teña o seu día pode laiarse o 11 de febreiro, xornada mundial do enfermo.
Estes días por separado parecenme maioritariamente válidos, pero vistos no seu conxunto son abraiantes.
Para rematala, mentras andaba na percura de unha foto, atopo que o día 7 de maio, roubandonos protagonismo ós pobres asmáticos que só temos dous días, é tamén o día mundial (católico) de rezo para a vocación.

Ora pro nobis.
chuzame - 

e o 11 de novembro é o día mundial da apocalipse do porco, non é?
Said por homedareia 21 Novembro, 2006 at about 9:22 pm
Pois podiamos organiza-lo Día Mundial dos Días Mundiais e o Día Mundial de Tódolos Asuntos sen Día Mundial.
Said por Manuel Rivas 21 Novembro, 2006 at about 10:14 pm
Día Mundial da televisión … manda carallo o que descurren por aí os que non teñen nada que facer nin gañas de traballar (funcionarios principalmente). Pois eu reivindico un Día Mundial dos días que non son mundiais (e a pesar de todo existen). Tamén comparto e apoio as propostas de Uz.
Said por A Randeeira 22 Novembro, 2006 at about 6:38 am
Que tal un día mundial do blogmillo?
Said por engalego 22 Novembro, 2006 at about 11:32 am
HDA, non trabuquemos un día mundial co día do patrón, que é unha cousa moi seria.
Said por ghanito 23 Novembro, 2006 at about 7:13 am
[…] Xa falei hai tempo do costume este de adicar os días a tal ou cual cousa. Non me parece que teña moito sentido adicar un día o ano a lembrar algo e esquecelo o resto, nomeadamente en algún caso (seguramente este ano repita o conto ainda que vai ter menos graza). […]
Aviso (Pingback) por Apocalipse do porco » Miña namorada, hoxe é o día. 14 Febreiro, 2007 at about 8:17 pm
[…] tranquilos, non vou falar de todo canto “día de” hai (que xa sabemos que son máis de cen), mais hai días que a un lle prestan máis […]
Aviso (Pingback) por mediapinta » O Día do Libro (tamén en internet) 23 Abril, 2008 at about 9:51 pm