Como lector cotiá de blogues galegos, detectei que non son o único a laiarme da súa desaparición.

onde.png

¿Viu vostede a este enxendro na rua? Esta é a última imaxe coñecida de bolaextra antes da súa desaparición.

O Blogomillo está morto e precisamos alguén que veña darlle vida de novo.

Poucos lembran xa ó desaparecido deneno, só os mais vellos do lugar piden a súa volta, mais bolaextra chegou nun intre de nacemento de moitos blogues e con todo axiña gustou a moita xente pola súa imaxinación e intelixente humor.

¿Cansaría do blogue? ¿Perdería o contrasinal?

Agardo que fora só esto último e axiña recupere o contrasinal ou comece unha nova andaina noutro enderezo.

Tanto nos ten onde, queremos seguir vendo o que inventas. ¡Deixate ver, lacazán, xa foron vacacións abondo!

Ocórrenseme cinco sitios onde buscalo. Pode que seis.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Mil días de defuntos mais para o blogomillo galego.

Feito en, que atopei no

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hoxe vin unha vella con dous cans deses lambeconas. Eu non levaba o móbil encendido, así que adianteime, encendino, agardei por eles e saqueille esta foto. Non sae moi ben, pero foi feita ó xeito dun paparazzo.
lambeconas.png
Porque, ¿pensades que a estes cans gústalles sair así á rua?

Lembrade cando erades nenos e a vosa nai vestíavos con roupa moi quentiña pero que non era xeitosa, agora poñédevos no sitio destes pobres lambeconas…

Seguro que están a pasar vergoña cando os ven o resto dos cans. ¡Co ben que estaban eles espidos!

E xa a derradeira pregunta: ¿por qué un dos cans leva roupa impermeable e o outro non? ¿E logo, non os quere igual a súa dona?

Por certo, moi bo o comentario na wikipedia española sobre os paparazzi:  «se denomina así a los fotógrafos de la denominada prensa rosa. los paparazzi han provocado la molestia de figuras publicas pero sobre todo han provocado accidentes fatales como los de la princesa Diana de Gales

Chuzame! A Facebook A Twitter

Cheguei á conclusión de que se quero falar de ‘relacións carnais gravadas en video’, ‘órganos reproductores masculinos’, ‘organos reproductores femininos’, ou de ‘glándulas mamarias’ é mellor que non empregue as verbas mais comúnmente empregadas para referirse a eles. E o mesmo se podería dicir de algunhas prendas de roupa, materiais téxtiles de orixe animal ou elementos de decoración corporal (tanto os de metal coma os de tinta).
Porque se cadra internet non é para as ‘relacións carnais gravadas en video’, pero as pescudas abofé que si.

O día que propuxen que se emitiran peliculas de relacións carnais na Galega chegáronme unha chea de visitas, non só pola chuzada e sair na portada de Vieiros, ainda hoxe chega xente na percura da reproducción visual de relacións carnais.

O que non entendo son eses centos (decote chegan decenas) de trackbacks ó día no que falei do video mais visto no YouTube.

Isto é o mais frecuente, con gustos normaliños ou buscando chegar ca súa publicidade ó maior número de xente posible (é moi coñecida a abundancia de spam vencellado a medicamentos e a alongamentos de partes do corpo) os que van por libre poden aparecer en calquera lado, pero se son poucos tanto me ten.

¡O caso é que son tantos que téñenme toliño! Cun antispam deixara de recibilos, pero desde a (e)migración da Blogaliza é peor ca antes.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xa dixera o outro día, e non foi por quedar ben…
senora-colombo.png

Para os que teñan outras musas, fer fixo uns botóns. Que o demo me leve se llos copio para que os vexades.

Non sexades preguiceiros e ide á súa casa.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hoxe é o día mundial da televisión.

Entereime tarde e non puiden facer a coña deixando de recibir a miña dose diaria. Xa vin as noticias das sete da mañá mentras almorzaba.

¿Alguén botou a conta dos días mundiais que hai? ¡Son mais de cen!

Aquí tendes a lista completa.

Ten moita coña que habendo 365 días para escoller, moitas das datas sexan coincidintes.

Hoxe, ademais do día da televisión, (curiosamente entereime lendo o xornal) tamén é o día da espiña bífida, do ictus e da filosofía.

Eu sempre fun moito de celebrar o 20 de marzo, que non é día internacional de nada, pero é o día no que fago anos e tamén o dia no que casei. Propoño que sexa declarado día mundial do ocio e así pase a ser non laborable.

Tamén que supriman días adicados ó medio ambiente, que concentren esforzos, que total, vanlle facer o mesmo caso… Meteoroloxía, capa de ozono, auga, diversidade biolóxica, seguro que teñen un lobby moi potente influindo. Non vin ningún día adicado ás pobres multinacionais.

Supoño que o do 2 e o 7 de maio será un erro, a ver porqué os asmáticos vamos ser mais que o resto de doentes, ainda que igual que no santoral hai o día de santos, aquí o doente que no teña o seu día pode laiarse o 11 de febreiro, xornada mundial do enfermo.

Estes días por separado parecenme maioritariamente válidos, pero vistos no seu conxunto son abraiantes.

Para rematala, mentras andaba na percura de unha foto, atopo que o día 7 de maio, roubandonos protagonismo ós pobres asmáticos que só temos dous días, é tamén o día mundial (católico) de rezo para a vocación.

Ora pro nobis.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp