A aliñación titular do encontro de onte foi:
ascarida, Modesto, Snob, mourullo, Postscriptum, besbellinha, fer, xornalistinha, moinante, arduina (que apareceu xa no Rodicio) e mais eu. Outros que cairon da convocatoria mais ou menos preto do final foron: ictios e hda,Berto e Orsinia, Calidonia, nemtele, dorfun, shs e ifrit.
Fomos da estación ó Rodicio percorrendo a pe boa parte do centro de A Coruña, incluindo os pasos elevados de Alfonso Molina ou a praza de Mina onde botamos un ollo para renovar complementos nas rebaixas.
O suplente Martin Pawley veu até a porta do Rodicio desde o punto de reunión na estación, pero marchou para poder atender hoxe as súas obrigas co Extrarradio. (incluindo agasallarme cun DVD do filme 'Honor de caballería' por chamarlles ó programa)
O aspecto do Rodicio non facía agardar nada bo, desde fora víase moi pouco enxebre, despois de decidirnos polo menu con tinto da casa empezou a chegar a carne e as dúbidas desapareceron.
Ainda que foi unha cea moi carnívora, estabamos preparados para que puidera vir nemtele, e como non viu as herbas quedaron coma se pode ver nesta foto.
Metablogueamos o xusto, falamos un chisco do hino e do fuso, o xusto para prohibir os dous temas o resto da noite. A prohibición non foi respetada no do hino, que despois fixemos as nosas propias versións da Nazón de Gatocán. Tamén falamos de economía, comisións bancarias e obra social, que non todo é frikismo na Blogomorgue.
Ó sair da cea, arduina, despois de deixarnos ver ó seu mozo peludo marchou e nos fomos ó XXele, porque o Bathory estaba cheo de xente, alí os mais tomaron migrañas. Despois seguimos camiño cara ó desquite, onde atopamos un vello coñecido deste blogue, o señor Pancho Casal. Os bailes subidos a mesas ou asentos puxeron un toque 'jolgorrio' todos bailamos moito (e ben).
Seguíu o Patachín, coa parada obrigada na peluquería Maribel, estudio de fotografía habitual das rutas turísticas chuzacoruñesas.
No Patachín, mentras ascarida mantiña unha animadisisísima conversa con un compañeiro de profesión que se laiaba de ser tratado ás veces coma se fora un feixista, o resto practicabamos o 'reintegracionismo fonético' (que ven sendo ler un cartaz reintegrata con sotaque portugués) e descubrimos que os radicais falan 1337 co seu banco ou caixa.
Así que nos botaron fora do Patacha seguimos cara ó Velvet e á saida estivemos facendo o parvo na porta, o que incluiu unha pelexa ó xeito de pressing catch entre Snob e mais eu por pura brincadeira.
Despois do Velvet eu xa marchei para casa, ainda que os incansabeis continuaron a súa xira turística.
De seguro que haberá quen conte mais e mellor do que foi esta noite.
Xa o fixeron, Besbellinha e Modesto
chuzame -




















