Din as afiadas linguas do blogomillo que Chuza esta rachando, coma se fora unha nación imperial calquera.
É mentira.
Como calquera seudo-medio de comunicación, Chuza ten que estar alí onde apareza a noticia, así que enviou a parte do cartel do fedellín a cubrir o concerto gratuito a Húmidtown e outros foron a informar da outra nova do día: Yolanda Castaño saíu da súa casa a tomar algo.
Probablemente xa saberán os lectores habituais desta apocalipse que Yolanda Castaño foi entrevistada por besbellinha, mesmo foi incluida aquí mesmo no seu día como posible musa para parte do Blogomillo, os movementos de alguén tan importante non podía quedar sen cubrir por Chuza.
Este é o motivo da disgregación das xentes do fedello e non unha secesión de Chuza!
No documento exclusivo acadado polos nosos paparazzi con risco para a súa vida pódese ver onde estaba sentada a señorita Castaño.

¡Abraiante exclusiva de apocalipse do porco!
chúzame - 

Supéraste día a día ghanito, tremendo!!!
Said por besbellinha 7 decembro, 2006 at about 9:29 pm
Así me gusta, ben controlada a situación.
Said por paideleo 7 decembro, 2006 at about 10:23 pm