Estas son imaxes da miña cartilla de caligrafía Rubio. Con esta ferramenta aprendín eu a escribir, con lápis.
Nunca fun bo na caligrafía.
Mirade con que frases tan inocentes aprendía eu. (premede para velas un chisco mais grandes)
Cando se publicou esto España era un Estado oficialmente católico, pero non se lle nota nada.


Os meus cuadernillos Rubio poñían só cousas do estilo de “Mi mamá me mima” ou “El niño es alto”. O máis relixioso que aparecía neles era “El perro de San Roque no tiene rabo”.
Por certo, acabo de ver que o teu blog cumpliu un aniño xa, así que FELICIDADES, aínda que sexa cuns días de retraso. O meu non sei se chegará a tanto, levo só dende setembro… :/ De todas formas, se chego ó ano estás invitado á Festa do Chocolate que farei para celebralo
Xa avisarei para a próxima que faga jejej
Un bico!
Dixo por Mar e Lúa 10 decembro, 2006 sobre 3:43 pm
La letra con sangre entra?
Dixo por mendinho 10 decembro, 2006 sobre 8:29 pm
Eu non conservo os cadernos eses pero supoño que serían iguais. As frases son tan así que ata fan sorrir.
O curioso é o sete e a súa escritura que volve parvos ós americanos.
Dixo por paideleo 10 decembro, 2006 sobre 9:34 pm
Lembro os cadernos…eu escrivin tamen nun deses…pero como era ( e son)zurdo e tiña lateralidade… rematei cos de mi mama me mima yo cuido a mi mama
Dixo por An 11 decembro, 2006 sobre 2:37 pm
os meus eram mais “familiares” : vovó viu a uva. Embora o nosso país (brasil) seja considerado um país católico, o sincretismo religioso aqui é regra. Mesmo os católicos, ou protestantes, sempre fazem uma “fezinha” em orixás africanos e acendem alguma vela para os anjos e gnomos. O fato é que nós vivemos num país cheio de desigualdade e alguma esperança temos que ter, mesmo no sobrenatural..:)
Dixo por maray 11 decembro, 2006 sobre 3:14 pm
Ei!! Hoxe tamén tedes os mesmos caderninhos, mais non tan “alecionadores” ou “alienantes” según se mire.
A miña nena ten ún e ten a mesma pinta que aqueles, agás polo deus e o amor…Tamén están igual os Bic cristal, as gomas de borrar Milan. Cántas cousas están como no primeiro día…
Cómo pasa o tempo…
Dixo por AnxoD 11 decembro, 2006 sobre 4:43 pm
e digo eu, os números para copiar tamén terán algún significado relixioso oculto. Sería estraño que os puxeran ó tunturuntun.
Dixo por A Randeeira 11 decembro, 2006 sobre 8:03 pm
[...] Algún empresario xogueteiro opina que o lavado de cerebro ten que comezar moi cedo. Son bonecos realmente sinistros. Lémbranme o especial cariño que lle teñen os sacerdotes aos nenos pequenos. Cando España era gobernada dende os cuarteis e a sacristía estas cousas eran habituais, pero a estas alturas é bastante rancio. Seméllanse aos cadernos de caligrafía de ghanito. [...]
Aviso (Pingback) por Bonecos bizarros - Xaime 12 decembro, 2006 sobre 11:51 am
Non me acordo do que poñía nos meus. De todas as maneiras que boa caligrafía
Dixo por engalego 12 decembro, 2006 sobre 7:18 pm
porfavor si me puedes enviar el cuaderno de caligrafia compelto al correo gracias y saludos, que por cierto es un lugar muy bueno de intercambiar informacion.
Dixo por Adalid Arauco 20 abril, 2007 sobre 7:56 pm
Se che digo a verdade, agora mesmo non sei onde o metín. Se volve a aparecer escaneo o resto e o subo. ¿vale?
Dixo por ghanito 20 abril, 2007 sobre 8:02 pm