Á fin puiden achegarme e ver ós Reis Magos, que pasaron por unha escola para saudar ós nenos e coñecelos en persoa antes de levarlle os agasallos á súa casa.
Pode que fora certo o que dicían, que me asemello a un deles, pero non podo asemellarme tanto, que el é negro e eu son mais ben branquiño.

Ainda que para negro, negro este rapaz que estaba encantado cos Reis e estivo falando co rei Baltasar. Díxolle que se portara moi ben este ano e non pedíu moitas cousas. Supoño que algunha cousa traeranlle a noite de reis

¿Escribiron xa vostedes a súa carta? Tal como está o servizo de correos nestas datas estáselle rematando o tempo.
chúzame - 

Eu sempre prego o mesmo agasallo, moita ledicia para o ano que ven…e ata o de agora non tuven pega….a Papa noel non lle teño pregado por nada…dame pouca confianza…sempre en pixama, sen afeitar, a cara moi moi bermella ( de que pode ser?) esprotando a seres pequeniños os que ten a traballar todo un ano ( cando el so cholla un)e facendo publicidade para unha compañia internacional de refrescos…non de certo non me levo eu co fulano ese
Benvidos reises de oriente
Said por An 24 decembro, 2006 at about 11:36 am
¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ que guapa está a súa maxestade !!!!!!!!!!!!!
Cando pase por vigo xa lle pedirei os meus agasallos en persona, que este ano fun boa, e a ver se me deixades de traer calcetíns…
Bo Nadal a todos.
Said por Almu 24 decembro, 2006 at about 12:05 pm
Ooooh! Que bonito!!
Os nenos son o mellor destas festas, verdad?
Eu este ano voulles pedir que nunca desaparezan os restos da nena que fun, para poder seguir disfrutando coma antes.
Unha aperta, e que ti tamén disfrutes moito estas festas. ¡Pásao ben!
Said por Mar e Lúa 24 decembro, 2006 at about 2:02 pm
Vou ter que pedirlle pois algo vía email a Papa Noel. Os Reis Magos hai tempo que me teñen discriminado: debe de ser que sospeitan que son medio republicano.
Said por mendinho 24 decembro, 2006 at about 3:38 pm
[...] Despois de ler un post de Apocalipse do porco decateime de que hai algo que está a cambiar: o curro, os traballos de clase, as présas, a falta de tempo… estanme a rouba-la ilusión. O Nadal xa non é o que era. [...]
Aviso (Pingback) por Son de mar e lúa » Blog Archive » Queda pouco 24 decembro, 2006 at about 4:19 pm
eu fun mala. papá noel cáeme mal, así qeu confío en que os reis tomen cartas no asunto…
a ver se con vostedes tamén se portan ben… bo nadal!!!
Said por oko 24 decembro, 2006 at about 7:58 pm
Eu pensando que ías facer de Gaspar ou algo deso…pois voulle escribir a carta aos Reis que me meteches a ilusión no corpo!!
Said por besbellinha 26 decembro, 2006 at about 12:43 am
Polo xesto seica o pasaches de medo. Noraboa.
Said por AnxoD 26 decembro, 2006 at about 2:36 pm