Axiña, a señora Colombo e mais eu pasaremos a ser cidadáns da República de Marineda. (a.k.a. ex-Pacoland)

Non vou dicir que me guste.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xa chegou ós lugares habituais o calendario oficial que edita o Concello de A Coruña.

Co seu coñecido eslógan: ‘Ciudad en la que nadie es forastero‘ este é o calendario oficial.

(Un eslogan que como eslogan vale, pero como feito é discutible)

curuna.jpg

Xa se encargan nesta tenda de lembralo ainda que non leve o ‘L’ é o do Concello.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hoxe estiven dándolle voltas e ocorreuseme que, se Ramoncín, Miguel Bosé, Alejandro Sanz, Bisbal, Sabina, Victor Manuel, Ana Belén, Luis Cobos e outros moitos grandirmos artistas falan ben da SGAE… algunha razón tiña que haber.
¡É a única forma que teñen os artistas de chegar a fin de mes, de non morrer de fame!

190000razons.jpg

¿Ou pensabades que eran parvos?

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hoxe non podedes pasar sen visitar Beliscos Pequenos.

Sempre é unha boa visita, hoxe é unha obriga.

¿Que facedes aquí?, ¡ide xa!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ando nestes ultimos tempos desfrutando (e moito) da lectura das primeiras aventuras de Spiderman.

spiderman50.jpg

Grazas a que Turuto non é da opinión de Snob de non facer préstamos de banda debuxada ós amigos.

Se non fora así non habería peto que resistira estar ó día das novidades. Por sorte eu conto ca axuda de Zeke, Turuto e Ross Perot para poder chegar alén do que o meu orzamento permite.

A edición que estou lendo de Spiderman é a reedición que fixo forum en pequeno formato e branco e negro na Biblioteca Marvel no ano 2003. Fáltalle a cor mais permite acceder a un prezo mais asequible a obras clásicas ‘pixameiras‘.

Non sei se é sacrilexio dicir que me custou ó comezo da etapa Ditko, as primeiras tramas envelleceron moito (pasaron xa mais de 40 anos) pero contra a fin da súa etapa vai mellorando moito as historias, e ainda estou comezando ca etapa de Romita Sr. que desfruto coma un anano.

A imaxe é a capa do número 50, que ten sona de ser moi boa ( a min tamén mo parece ) na primeira crise de Peter Parker, na que decidiu deixar de ser Spiderman. Non descubro nada novo se digo que á fin voltou.

mjjackpot.JPG

Xa o di Mary Jane Watson: ‘Decátate, tigre. Tocouche a lotería.’

Moita diversión para calquera idade.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Andase argallando polo territorio do fedello unha xantanza blogomilleira.

Despois de que este ano se adiantara ó verán chega o seu momento tradicional e as tropas chuceiras lideran o ataque.

Se tes un blogue en galego, fas parte do Blogomillo e estás convidado á xantanza, non precisas mais invitación.

Vai á wiki do Chuza para te anotar.

A data prevista é o 29 de decembro, para cear e na Coruña. Despois visita turística pola cidade á noite.

Avisados quedan todos, anteriores eventos chuceiros fan agardar o mellor.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp