Aparecín no Mardigras eu só. Quedara con estes dous regueifeiros, ainda que a idea era que viñera mais xente, pero ó final, por motivos varios foron caindo.

Estaba só, porque eles tardaron en chegar e ainda non estaban cando comezou o concerto dos Gin Tonics, de Oroso. Grupo que toca versións dun rock moi clásico. E si, como ben di besbellinha, cantaban nun inglés de Opening, falaban galego, e facían as brincadeiras en castelán. Caíronme ben e semella que o pasan caralludamente.

Despois sain á porta para guiar ós dous perdidos que non daban chegado e cando entramos de volta comezou o concerto de The Homens. Non os vira ainda ao vivo e non me defraudaron, paga a pena. A verdade o cartel era un chisco heteroxeneo, porque pouca similitude teñen as dúas propostas.
Póñovos unha foto dos Homens que non é miña, que é de Janite. Non se lles ven as caras, coñéceselle polas raias.

Despois, como besbellinha tiña invitación para ir ver ós Bongolian alá fomos ó Playa e dese concerto non lembro moito. Que me gustaron si, que o de bailar moito é certo. Deixovos imaxes do concerto (que colgou no YouTube non sei quen)
Puxo tres videos mais: un, dous, tres
Fixemos tres en raia, o pai, fillo, nai do título. Ainda que tamén fixen de fillo e marchei para a cama mentras o pai e a nai seguían de troula.
Á próxima, mais.
chuzame -