e-music.jpg
Hoxe, no centro On de Caixa Galicia, fixeron ao vivo un programa de e-music (este que podedes descargarvos aquí), e agardando atopar alí centos, ou alomenos decenas de siareiros do programa dirixido polo sak baixei ó cantón Pequeno.

A multitude, á fin non foi tal, mais ben unha pequena escolma de xente chegada desde as catro esquinas da Coruña e mesmo de alén, que algunha chegaba desde a rede, desde os escuros caleixóns do Second Life até o submundo da cuac fm

emusic.jpg
Técnicamente, o programa tivo eses problemas que nunca vemos nos programas de Radio 3 ou nas conexións ca casa de Gran Hermano, porén non lle restou ó programa nada do importante. Alomenos para os que alí estabamos. E se cadra eramos a metade da audiencia en directo do programa.

A conexión con Narón e a radiofusión tivo a súa coña, pero se cadra o momento mais intenso chegou ó final ca conexión con Zimmer 103, non o podería repetir aquí, mais non hai problema, poderán vostedes atopalo no podcast do programa.

O resto do tempo foise en vellos anacos do programa, recollidos con nostalxia e moi bo rollo entre os colaboradores habituais, un discurso pro-electrónica de superxis, e un tema que puxo ascárida dun grupo tan estraño que tivo que mercar o disco porque nin no e-mule estaba (ela negouno, dixo que estaba no e-mule mais eu ainda o dubido ;) )

emusic1.jpg
Despois do programa fomos á rua da barrera a tomarlle algo e falar de camisetas, sexo no second life e mais cousas, ademais da xente que estabamos na gravación entre os que estaba tamén mariademallou, que fai parte do equipo do programa, achegouse tamén besbellinha, que saira tarde do traballo e tivo que escoitar o programa pola radio.

E mais nada, que mañá hai escola...

Chuzame! chúzame -