Non leo moitos blogues portugueses, dos pouquiños que leo decote un é novo mundo blogue que fai parte do blogomillo en tanto que está na blogoteca e visita e comenta algúns blogues galegos.

Ultimamente fala do referendo do 11 de febreiro.

«Concorda com a despenalização da interrupção voluntária da gravidez, se realizada, por opção da mulher, nas primeiras dez semanas, em estabelecimento de saúde legalmente autorizado?»

Eu non votarei, por non ser portugués, porén teño clara a miña resposta.

Paréceme unha traxedia a interrupción da gravidez. Destruir unha vida humana, ainda que non estea totalmente desenvolvida penso que é tráxico. Non podo nin imaxinar o sofrimento que ten que supor para unha futura nai ter que abortar.

Non son partidario do aborto, porque ninguén é. Dicir que alguén é partidario do aborto é absurdo. Mais iso non quere dicir que estea a favor de castigalo penalmente.

É mais, apoio a quen tomara a decisión, dun xeito meditado e responsable e tamén cando o fan por medo ou vergoña. Preferiría que esas preñeces non ocorreran, que houbera mellor información (non mais, mellor) pero os fallos de previsión ocorren decote. E por preferir, desexaría que a sociedade cambiara e desaparecera a vergoña e o medo, e non ter que abortar, pero a vergoña e o medo ainda existen.
Por iso o meu voto sería SI. Concordo ca despenalización do aborto nas dez primeiras semanas.

Se a nai toma a decisión, que non pode ser mais dorosa, de acabar ca súa preñez ¿quen lle pode dicir nada? Eu non, abofé.
Para os que condenan o aborto por motivos relixiosos, non teñan medo de que non vaia á cadea, a nai arderá no inferno que é pior.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Lin nestes días o primeiro tomo da edición que Norma está facendo de Concrete de Paul Chadwick e gustoume, non vou dicir que me sorprendera, porque xa me falaran moi ben da serie.

concreteprofundidades.jpg
Concrete ven sendo un tipo intelixente pero normal, que un día calquera convirtese nun ser extraordinario, un home feito de algo semellante ó formigón, o que non lle impide moverse ainda que perde moita da súa sensibilidade. Un ghicho semellante á Cosa dos 4 fantásticos.

Porén, Concrete, na liña actual de colocar a seres extraordinarios en entornos ordinarios non se adica (alomenos neste primeiro tomo) a loitar contra o mal, nin a perseguir criminais. ¿Que faríades vos no seu caso? ¿Ser unha estrela mediática como fai el?
Si que sorprende un pouco a serie pensando que comezou a publicarse no ano 1986, e vai nunha liña que agora mesmo faino moi actual.

Moi recomendable.

Por certo, sae un chisco mais barato mercar a edición de Dark horse en inglés (importando e todo) que a de Norma… Na súa liña de prezos.

chadwick_concrete3.gif

Chuzame! A Facebook A Twitter

Non lembro se o dixen aquí xa, pero eu non son fuboleiro. Ainda así, son celtista, pero iso non é algo que poida evitar, levo no peito a cruz de Santiago por moitos motivos, sentimentais case todos.

Podedes imaxinar, que se en Vigo xa tiña o costume de saltar as páxinas de deportes, aquí na Coruña ainda mais. O que lle pase ou non ó Deportivo de La Coruña tanto me ten. Se cadra, o único que me podería facer simpatizar co Deportivo, sería que moitos dos meus veciños están mais ledos e optimistas cando gaña e vai ben clasificado, e nin así.

Dito isto, e deixando claro a miña posición, coméntovos que hoxe lin nas páxinas de deportes de La Voz de Galicia varias novas que chamaron a miña atención. Entre outras cousas, porque a semana pasada en Riazor estiven lendo durante o partido as publicacións do Deportivo e xa estaba avisado de que había mar de fondo.

riazor.JPG
O primeiro: Igual xa é tarde para o Deportivo. En caso de liquidación os xogadores valen cero e igual o Deportivo.

Ainda que algún dos que lee isto decote pensará que é unha boa nova, non é tal. Axiña chegarán as eleccións municipais, os vigueses lembrarán o pulo que supuxo levar a Horacio Gómez na súa lista para o PP, a xente dicía: «así fará cousas boas polo Celta desde o Concello». Os siareiros entenden o clube coma algo público e propio deles, cando é unha S.A. ainda que sexa D. Eu ODIARÍA pagar as débedas do Celta, canto mais as do Deportivo, clube polo que non teño amor ningún. Pero eu non son representativo do sentir maioritario en Vigo e tampouco na Coruña. ¿Cantos votos gañaría alguén que salvara ó Deportivo de baixar a 2ª B? ¿E se o salvara de desaparecer nunha liquidación?

Señores, o que queira salvar o Deportivo, que merque accións na ampliación de capital, e se non queren poñer cartos que calen a boca, que eu non teño porqué sacar de crises a empresas con menos de cen traballadores (non sei os que ten e tanto me ten, ainda que son polos únicos que o sentiría, e non falo de xogadores nin directivos).

Respecto as contas do Deportivo, pode que teñan moitos activos sen cobrar, pero as empresas cando teñen contas pendentes baixan o ritmo nos gastos, e non tiran para diante sen pensar na liquidez. Ese non é un xeito serio de facer as cousas. E mais nos níveles de endebedamento dos que estamos a falar (sen ter datos reais, claro)
O segundo: A asociación da Prensa critica a Lendoiro polas súas ameazas a un xornalista de La Voz.

Isto, para arranxar todo. Non lle chega ó señor Lendoiro con atacar a La Voz desde a súa revista (que fai moi ben, se quere) que ainda os ten que ameazar: ‘algún día lo pagarás’.

Claro que segundo o xefe de prensa non foi unha ameaza. Quixo dicir que o seu traballo é debido á notoriedade do deportivo e que se desaparecera o Deportivo el quedaría sen traballo. (?)

Lendoiro é unha persoa polémica de sempre. Ninguén lle nega o seu exito co Liceo e tampouco o palmarés do Deportivo, que colleu en segunda e fixo campión da Liga. Porén, é incrible que un directivo poida cobrar proporcionalmente ó que gaste a entidade (ó orzamento) e non ós beneficios. É semellante ó que fixera Villalonga no seu día en Telefónica, aquí tanto ten o que pase co clube, canto mais gaste o clube, mais gaña Lendoiro. Se os accionistas están contentos con iso, alá eles, que para iso é unha S.A.

¿Ninguén lembra xa que Lendoiro leva anos agochando a lista de accionistas da empresa para que ninguén na oposición se poida dirixir ó corpo electoral deportivista?

Agora, se o clube vai ó carallo ¿quen vai afrontar as débedas? ¿Teñen patrimonio abondo os directivos? ¿Van pedir eses accionistas, que deron o visto bo á xentión da directiva e non pediron contas, que se fagan cargo as administracións públicas de salvar ó clube? ¿E os siareiros que nin sequera son accionistas van ter o papo de pedirlle ó resto que tanto nos ten o futbol, que lles paguemos o vicio? ¿Que pasaría co Deportivo se baixara á 2ªB? ¿que pasaría cos siareiros do Deportivo que foron do Real Madrid mentras estaba en 2ª o Deportivo? ¿Seguirán aí?
Todo isto que digo non creo que sexa por ser celtista, mais ben por vivir na Coruña e non ser do Deportivo, sinto a situación polos deportivistas. E se alguén pensa que estou errado, aí tedes os comentarios.

foto_presi2.jpeg

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hai tempo, como lembraran os que sigan o blogue de longo, tivemos problemas co servedor.

As caidas continuas da Blogaliza fixeron que lamentara o traslado desde o Blogger aquí. Nomeadamente no mes de agosto, pouco despois do cambio, no que a Blogaliza estivo caida durante as vacacións de Goretoxo.

Mais tarde, o problema foi o Spam, tiña tanto spam que cada vez que abría o correo tiña que apagar de 20 a 60 comentarios lixo.

Despois da migración da Blogaliza ós servedores do CESGA só unha vez houbo un pequeno problema (que eu saiba) e a estabilidade é a norma.

E no referente ó spam, teño instalado o Dr. Dave’s Spam Karma 2 e xa é unha cousa do pasado (8766 spams comidos até hoxe e sumando).

Ás veces esquecemos certas cousas. E compre dicilas: Parabéns.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hoxe lin en la carcel de papel que Gabriel Elorriaga posou para unha entrevista de El Pais nunha tenda de banda debuxada.

Alvaro Pons saca a conclusión de que a normalización social dos afeccionados á banda debuxada está avanzando paseniño.
Eu concordo, xa non somos perigosos.

Por certo, buscando na rede fotos de tendas de banda debuxada atopei esta

bd.gif

(E non é unha foto miña)

Chuzame! A Facebook A Twitter

Desde hoxe xa é posible apoiar de xeito individual á iniciativa da asociación PuntoGal por un dominio propio na rede para a cultura galega.

Podédesvos anotar aquí

anotate xa para apoiar á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Vía Chuza

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp