Se cadra, cando erades nenos dicianvos cando queriades coller algo no chan: ¡neno, caca! ou ¡neno, lixo!.

Se chega á vosa caixa de correo spam, correo lixo, lembrade á vosa nai, e non o abrades.

Tanto ten que precisedes Viagra, Xanax, alongamento do pene, traballo que vos faga millonario sen sair da casa, grandes oportunidades na bolsa, amor ou sexo de toda-las castes coñecidas e por coñecer, ¡non abras ese correo!.

¿Sabes porqué tes a caixa de correo inzada de lixo?

Por abrir un correo.

Custo de enviar millóns de correos: Tendente a cero.

Porcentaxe de exito nos envios: Baixísimo, pero superior a cero.

Conclusión: Se ninguén abrira eses correos nunca, se a porcentaxe fora cero, non lle pagaría a pena, pero mentras alguén abra un correo, ainda que sexa un de cada mil, e deses un de cada mil merque o seu producto, só teñen que enviar 100 millóns de correos para ter 100 clientes.

Custo da operación: case cero

Resultado: 100 vendas

Conclusión: ¡Neno, lixo!

1ovnv5.gif

Chuzame! chuzame -

Seguindo cas lecturas cedidas por Zeke, estiven dous días lendo Invencible, tamén escrita por Robert Kirkman, igual que Brit, concretamente os primeiros 5 número recopilatorios editados por Aleta Ediciones que recollen os números 1 ó 13 da edición orixinal de Image comics.

A serie lémbrame, no seu comezo ós inicios de spiderman, como heroi adolescente no instituto ainda que cas lóxicas diferenzas que ten unha serie feita corenta anos despois. Diferenzas lóxicas pola evolución non só no mundo, tamén na banda debuxada, que Invencible aproveita, sacando partido das súas influencias con continuas homenaxes. Porque a serie ten unha chea de referencias á cultura popular, series de televisión, filmes e por enriba de todo, banda deseñada, que fan ós afeccionados desfrutar estes pequenos guiños (e mais que non aparecen aí, moitos superherois e tamén inimigos de spiderman que aparecen algo transformados). Pero este non é o fundamental, o fundamental é que a serie conta unha historia de superherois moi entretida e semella que o pasa ben escribindo. Igual que cando se pasa ó xénero dos zombis en The walking dead.

A moitos non lles descubrirá nada falar deste home, perto, até o de agora gustoume moito todo o que lle lin. Se cadra, das tres series, a que menos me gusta e Brit, que pareceume menos adictivas que as outras dúas, ainda que xa dixen que tamén me gustou.

Grazas Zeke.

Chuzame! chuzame -

brit.jpg
-¿De que vai?

-Pois... É un ghicho, un superheroi, que traballa para o governo pero moi desfasado, con moita violencia, sexo...

-Ah, é un estilo ó comediante...

200px-comedian.jpg

Despois de ler o libro direi que non son tan semellantes, ainda que non andaba moi errado. Segundo algún que estaba alí este comentario marca un antes e un despois na miña traxectoria. Fíxome moita coña.
Sobre Brit, deixase ler moi ben se se tolera a violencia na ficción (Hai sangue a esgalla). É agradable e sen mais pretensións que facer pasar un bo momento. Que é do que se trata.

Chuzame! chuzame -

Abráiame as cousas que fan os políticos. En realidade non son abraiantes os políticos, o abraiante é a sociedade enteira na que nos tocou vivir.

O mércores, o ministro de Industria, o señor Joan Clos saíu na defensa das compañías de telecomunicación.

000000087670000000068931.jpg
Señor Clos, despedido.

¿Que como que despedido? Pois si, despedido.

Señor Clos, vostede traballa para min. Para min e para uns cantos millóns de persoas mais. Vostede non traballa para as compañías de telecomunicacións, e o seu traballo, entre outras cousas, é dirixir o mercado das telecomunicacións ¿Non é?

Como en España as cousas son menos serias que... (non se me ocorre algo tan pouco serio como para que vostede se faga unha idea)

Vostede di que as chamadas a móbiles son mais baixas en España que en Europa... ¿E?. Ninguén pedía que as baixaran mais. Pero claro, QUE SE POÑAN DE ACORDO OS TRES PARA SUBIR O MESMO DÍA Á MESMA HORA, A MESMA CANTIDADE pareceunos raro. Desculpe señor subordinado.

Por iso o quero despedir, porque non cumple cas súas tarefas con lealdade, porque defende a alguén que da a impresión de que conspira contra nos. Digo que da a impresión porque se tivera probas xa iría ós tribunais, só teño indicios. As que lle pagan o soldo non son as empresas de telecomunicacións (creo) así que defenda ós consumidores. Ou á competencia, se quere poñerse vostede macroeconómico, ho.

Se quere compararnos con Europa dígame que prezo ten alí a conexión á banda larga e que porcentaxe da poboación ten acceso a ela. Si, Galicia tamén está dentro das súas competencias. ¡Vaites! Si, xa me decatara de que vostede o esquecera.
Señor Clos, é vostede un impresentable, pero non o podo despedir, por iso lle pido que dimita.

Non vale de nada, pero quedo mais tranquilo.

Grazas.

Chuzame! chuzame -

Só os mais vellos do lugar lembran xa que este blogue adoitaba poñer adiviñas.

Aquí tendes unha, ¿onde están sacadas estas fotos?

82057087_6b5e187c6a_b.jpg377032691_97840495f3_o.jpg59078280_e8e523b239_b.jpg330177185_330342f14a_b.jpg

O premio será...

Esa intensa satisfacción de saberse mais listo que o resto, que o orzamento de premios está a cero.

Chuzame! chuzame -

chuza1ano.png

Hoxe cúmplese un ano da aparición de Chuza!

Gran fenómeno da rede (non sei se poñer 2.0) en galego.

Parabéns para Berto, os seus colaboradores na criación e para os 1000 usuarios que fan que cada día Chuza vaia a mais.

E parabéns, fedello-lovers.

Chuzame! chuzame -