Na Mardigras hai que fiarse de que están a tocar ben. Porque comprobalo un mesmo…
Polo pouco que fun xa me decatei de que vai ser imposible oir un concerto que teña bo son. Non sei se a sala ten moito problema para ecualizala ben ou é pouca habilidade do técnico, ou as dúas cousas xuntas, o caso é que onte tampouco sonou ben.

10022007001.jpg
Dorian non son virtuosos dos seus instrumentos, ou alomenos non o demostran, pero tampouco é preciso para o estilo que teñen. Marc, o cantante, estivo facendo a pelota un intre e saudou ó público coma se estivera nun estadio, a pose que leva viralle moi ben se o grupo segue adiante e chegan a ter audiencias masivas, polo de agora a min pareceume un chisco forzada. Todo o contrario da rapaza do teclado e as programacións, que tiña pinta de estar pasándoo ben.

11022007007.jpg
O que estivo moi ben foi a miña compaña no concerto. Besbellinha fallounos pero ainda quedamos Sak, Sugar Kane e mais eu que despois do concerto fomos tomar algo ó 14, argallando algo do que xa se dará aviso cando chegue o momento.

Chuzame! A Facebook A Twitter