Vexo no blogue de Xaime que unha chea de partidos locais agromaron na vespera das eleccións coma se foran cogumelos.

Non quero dicir con iso que sexan saprofitos coma os cogumelos, nada mais lonxe da miña idea.

Hai unha tendencia a empregar o nome de Cidadáns, como ben apunta xaime no seu post, imitando o nome, a ver se lle serve de talismán para igualar no exito ós Ciutadans per catalunya.

Eu, por motivos que me vou reservar, presto especial atención á industriosa (toma epíteto) vila de O Porriño, e alí aparece o grupo Ciudadanos x Porriño

logo_ciudadanos_porrinow.gif

Deixando á marxe o moi imaxinativo logo non sei que expectativas ten este novo grupo xurdido coma escisión dun grupo escindido do PP, estes partidos son as gradicelas políticas.

¿Conseguirá o seu candidato ser o primeiro cidadán de O Porriño?

Chuzame! chúzame -