Xa falei hai tempo do costume este de adicar os días a tal ou cual cousa. Non me parece que teña moito sentido adicar un día o ano a lembrar algo e esquecelo o resto, nomeadamente en algún caso (seguramente este ano repita o conto ainda que vai ter menos graza).
Hai datas como a da nai, o pai ou os namorados que todo o mundo rexeita, dicindo que son datas creadas por El Corte Inglés para vender mais, pero que ainda así non deixan de mercar o seu agasallo (non vaia ser que o non agasallado se amole)
Estas datas teñen tanto ou tan pouco sentido coma calquera outra, pero está ben visto dicir que son noxentas e promovidas polo capitalismo para fomentar o consumismo. Saiban vostedes que tan pouco sentido ten agasallar ó seu namorado hoxe coma ser superecologistadelamuerte o día da terra ou superespañol o día da raza. Así que non teñan mala conciencia e agasallen se lles presta hoxe e non o deixen para outro día para ser modernos. Ainda que se de verdade queren a alguén non sei a que agardaban por este día para facerlle unha festa e non precisamente gastando cartos.
Eu persoalmente non fago moitos regalos. Xa saben, é un rollo consumista.

chuzame - 

Se queres durmir quente hoxe, tes que dar un presente. Xa sabes. Ha, ha.
Said por paideleo 14 Febreiro, 2007 at about 11:33 pm
Que bonito
a verdade é que o amor amósase día a día, bicos para repartir todo o ano!
Said por besbe 15 Febreiro, 2007 at about 1:08 am
Eu cumprín, afeiteime… Pero a sogra está de obras na casa e aparesceu onte co meu cuñaaaooo e o resto xa volo imaxinades. Durmín quente porque arrimei todo o que puiden arrimar, mais a faena rematará cando teña a casa despexada de inhibidores alleos. Lástima.
Un saudo ós consumidores e ós que non o son. Namorados todos.
Said por AnxoD 15 Febreiro, 2007 at about 3:40 pm